xoves, 6 de xuño de 2013

21 DE XUÑO FESTIVAL DE FIN DE CURSO




Estimadas familias:

Para finalizar o noso proxecto, e para festexar o remate deste curso, faremos unha.....


                      Festa da Auga o día 21 de Xuño

Os pais, nais ou familiares poderán asistir para ver as actuacións dos seus fillos/as, en horario de 9:30 a 11:00.
Rogamos os familiares asistentes que respeten as zonas acotadas e non invadan a zona dos nenos/as, por razóns de organización e seguridade para os vosos/as fillos/as. Os familiares deberán abandoar o recinto escolar unha vez finalizado o festival.
Despois de tanto baile e cante realizaremos unha merenda

A merenda deberán traela esta vez os dous grupos: aportarán a comida os alumnos/as dos grupos A (aperitivos salgados) e os alumnos/as dos grupos B aportarán a bebida ( botella de auga ou refresco). Así se compensarán os dous grupos, en canto a traer algo para as festas.


FESTA DA AUGA

Para a súa realización necesitaremos a vosa colaboración, os nenos/as deberán traer xogos de auga (pistolas de auga, pompas, … non se poderán traer globos). Ademais deberán traer bañador ou roupa que poidan mollar, toalla e muda (incluído calzado).


O EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES DESÉXAVOS

                                                    ¡ QUE PASEDES UN BO VERÁN!




20  DE  XUÑO SAÍDA O CINE

 O día  20 de Xuño todos os nenos/as do Ceip Chano Piñeiro, asistiremos a proxección da película

"LOS CROODS"  no cine Imperial da Ramallosa.

Pincha para ver o trailer da película