A QUE XOGABAN NA ESCOLA?
Sempre nos preguntamos a que xogaban os nosos avós/as na escola.
Serán os mesmos xogos de agora?
Divertíanse antes máis na escola?
Tiñan recreo ou tempo libre?
Pois despois da enquisa que pasamos os avós/as do Ceip Chano Piñeiro estes son os xogos que entretiñan os nosos avós/as cando eran cativos:
Á corda, a comba
Ó truque Á Antón pirulero A pilleta Balonmán
Á pelada Frontón Ó xogo das sillas A facer o pino
Ó escondite Peónzas ou trompo. Ó tres en raia Ó ovo pico, araña
Á roda roda Ás chapas Ó parchís
Á Baulta Á mariquitilla Ó tirachinas
Á galliña cega Á pita quente Ó brilé
Ó cacho Ós pelouros Ás tabas
Ás canicas Á pillar Ás profesoras
Ó pateiro Ó truco Á mancha
Ó pasimisí Á villarda A labores
Á Rayuela ou mariola Ó aro Á palma
Á goma Á carraca Á cruceta
Á pita. Ó marro Ó tobogán A patinar Ó gua. A carreiras descalzos Ó chinchimoni Á ventá
Ó fútbol Á pelota Á calceta
Ó pañuelo. Á goma Ó Baloncesto
Á raia Á carapuchiña Ó piparrotes
Á queima Ás carreiras con zancos ós bugallos
Ó curro Á petanca Á pumba
Á cruceta Ó caracol Ó franete
Á xoaniña Ás prendas Ó bote
Ás estampiñas Á palma Á patefa
Ós vaqueiros Ó tren con latas de conserva Á apañada
Á billeta Á bautua Ó pello
Ó cabaliño Ó pincha Ó tarulo
A contar adiviñas
Seguramente algúns destes xogos serán os mesmos pero con distinto nome. Pronto coa súa visita o averiguaremos.
Algúns dos avós/as comentan que non xogaban posto que os que tiñan a sorte de poder ir a escola ao rematar tiñan que voltar para casa a xudar, levar a comida ó pai o traballo ou coidar dalgún irmán pequeno.
Tamén nalgunhas escolas non tiñan recreo.
Noutras máis pequeniñas os avós/as contan que tan só corrían para quecer os pés.