Amosando publicacións coa etiqueta NADAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NADAL. Amosar todas as publicacións

xoves, 22 de decembro de 2016

NADAL

MOITÍSIMAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN.
A ÁRBORE DE NADAL QUEDOU PRECIOSA.

O EQUIPO DE COMPLEMENTARIAS DESÉXAVOS BO NADAL.

La imagen puede contener: interior

martes, 15 de decembro de 2015

AS MAIMIÑAS

Resultado de imagen de as maimiñas unha viaxe polo mundo
ACTUACIÓN NO CEIP CHANO PIÑEIRO O DÍA 18 DE DECEMBRO


Para viaxar podes coller barcos, avións ou incluso camelos. Ou se cadra, abonda con acompañar as MAIMIÑAS nesta volta e reviravolta musical arredor do mundo.

Sabes cantar? Sabes bailar?. Daquela estás listo para  "UNHA VIAXE POLO MUNDO"









FESTA DE NADAL






Estimadas familias:

O vindeiro venres 18 de Decembro imos celebrar no centro a festa de NADAL.

Con motivo desta celebración, os nenos/as de infantil e primaria poderán desfrutar dun espectáculo de música “Unha viaxe polo mundo” no cal os nenos/as poderán cantar e bailar.  É un proxecto do grupo de animación infantil AS MAIMIÑAS.

Debido ó elevado custo desta actuación solicitamos unha pequena contribución por parte das familias de 1€ por neno/a sendo o resto aportado polo centro.

Para a merenda, este ano traerán lambetadas de Nadal os nenos/as de 1º, 3º e 5º dos grupos A e a bebida os nenos/as de 1º,3º e 5º dos grupos B. A merenda será compartida co resto dos grupos do centro, na vindeira festa serán os outros grupos os encargados de aportar a merenda.

Tamén queremos agradecer a vosa contribución á árbore de Nadal con CDs. O resultado está na páxina web do centro.

O Ceip Chano Piñeiro deséxavos a todos/as   Bo Nadal !!

A ÁRBORE DE NADAL

O Ceip Chano Piñeiro  deséxavos       Bo Nadal!!!!!!




mércores, 2 de decembro de 2015

ADORNOS PARA A ÁRBORE DE NADAL

Estimadas familias.

Xa se achega o Nadal, e este ano para adornar o centro imos facer unha árbore reciclando Cds vellos que teñamos na casa. Cada alumno/a debe traer polo menos un Cd. Poden decoralo ou recortalo, como vedes na imaxe. Os Cds poden recortarse con tesoiras para nenos/as.

Deben entregarllo á titora antes do 10 de decembro.


Aquí vos deixo algúns exemplos de como decorar os Cds.







venres, 16 de xaneiro de 2015

FOTOS DE NADAL

AQUÍ VOS DEIXO UNHAS FOTOS  DE NADAL.

DA VISITA DOS REIS MAGOS E PAPÁ NOEL. OS NENOS/AS PASÁRONO XENIAL.

PRONTO COLGAREMOS MOITAS MÁIS.

luns, 15 de decembro de 2014

A NOSA ÁRBORE DE NADAL

Moitísimas grazas a todas as familias que colaborarón co colexio, aportando  botellas e tapóns para a construcción desta bonita árbore de Nadal. Ainda falta rematalo pero esperamos que vos guste.  Proximamente colgaremos máis fotos.











xoves, 27 de novembro de 2014

FESTA DE NADAL

NO CEIP CHANO PIÑEIRO XA COMEZAN OS PREPARATIVOS PARA A CELEBRACIÓN DE NADAL.


ESTE ANO IMOS CELEBRAR A FESTA DE NADAL O DÍA 19 DE DECEMBRO.

SEGUINDO NA MESMA LIÑA DE OUTROS ANOS COLOCAREMOS A NOSA ÁRBORE DE NADAL.  ESTE ANO SERÁ CON BOTELLAS DE COR VERDE E TAPÓNS DE DIFERENTES CORES, ASÍ CONSEGUIREMOS UN FIN SOLIDARIO XA QUE O NADAL TAMÉN E TEMPO DE SOLIDARIDADE COS DEMÁIS.

SEGURO QUE QUEDARÁ TAN BONITO OU MÁIS CÓ  DO ANO PASADO, RECORDADES?