martes, 15 de decembro de 2015

FESTA DE NADAL






Estimadas familias:

O vindeiro venres 18 de Decembro imos celebrar no centro a festa de NADAL.

Con motivo desta celebración, os nenos/as de infantil e primaria poderán desfrutar dun espectáculo de música “Unha viaxe polo mundo” no cal os nenos/as poderán cantar e bailar.  É un proxecto do grupo de animación infantil AS MAIMIÑAS.

Debido ó elevado custo desta actuación solicitamos unha pequena contribución por parte das familias de 1€ por neno/a sendo o resto aportado polo centro.

Para a merenda, este ano traerán lambetadas de Nadal os nenos/as de 1º, 3º e 5º dos grupos A e a bebida os nenos/as de 1º,3º e 5º dos grupos B. A merenda será compartida co resto dos grupos do centro, na vindeira festa serán os outros grupos os encargados de aportar a merenda.

Tamén queremos agradecer a vosa contribución á árbore de Nadal con CDs. O resultado está na páxina web do centro.

O Ceip Chano Piñeiro deséxavos a todos/as   Bo Nadal !!

Ningún comentario:

Publicar un comentario