martes, 15 de decembro de 2015

AS MAIMIÑAS

Resultado de imagen de as maimiñas unha viaxe polo mundo
ACTUACIÓN NO CEIP CHANO PIÑEIRO O DÍA 18 DE DECEMBRO


Para viaxar podes coller barcos, avións ou incluso camelos. Ou se cadra, abonda con acompañar as MAIMIÑAS nesta volta e reviravolta musical arredor do mundo.

Sabes cantar? Sabes bailar?. Daquela estás listo para  "UNHA VIAXE POLO MUNDO"









FESTA DE NADAL






Estimadas familias:

O vindeiro venres 18 de Decembro imos celebrar no centro a festa de NADAL.

Con motivo desta celebración, os nenos/as de infantil e primaria poderán desfrutar dun espectáculo de música “Unha viaxe polo mundo” no cal os nenos/as poderán cantar e bailar.  É un proxecto do grupo de animación infantil AS MAIMIÑAS.

Debido ó elevado custo desta actuación solicitamos unha pequena contribución por parte das familias de 1€ por neno/a sendo o resto aportado polo centro.

Para a merenda, este ano traerán lambetadas de Nadal os nenos/as de 1º, 3º e 5º dos grupos A e a bebida os nenos/as de 1º,3º e 5º dos grupos B. A merenda será compartida co resto dos grupos do centro, na vindeira festa serán os outros grupos os encargados de aportar a merenda.

Tamén queremos agradecer a vosa contribución á árbore de Nadal con CDs. O resultado está na páxina web do centro.

O Ceip Chano Piñeiro deséxavos a todos/as   Bo Nadal !!

A ÁRBORE DE NADAL

O Ceip Chano Piñeiro  deséxavos       Bo Nadal!!!!!!




martes, 8 de decembro de 2015

FOTOS DA SAÍDA DE PRIMEIRO Ó TEATRO E MUSEO DO MAR


DENDE O DÍA 1 ATA O DÍA 11 DE DECEMBRO, ESTABLÉCENSE AS DATAS NO CALENDARIO ESCOLAR PARA TRABALLAR NA AULA O ESTATUTO DE AUTONOMÍA E A CONSTITUCIÓN.

DEIXO ALGUNHAS PROPOSTAS FEITAS POR COMPAÑEIROS/AS  E ALUMNOS/AS.

SE PRECISADES MÁIS IDEAS, PODEDES  ATOPAR O TRABALLO DOUTROS ANOS PINCHANDO EN ETIQUETAS " ESTATUTO E CONSTITUCIÓN".



OS ALUMNOS/AS DO CEIP CHANO PIÑEIRO DESEÑARON ESTA TAREFA PARA TRABALLAR O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA.PINCHA NA IMAXE
PRESENTACIÓN FEITA POLOS NENOS/AS EN GRUPOS  "COLLEITAS"


ACTIVIDADE LIM PARA TRABALLAR NA AULA




mércores, 2 de decembro de 2015

ADORNOS PARA A ÁRBORE DE NADAL

Estimadas familias.

Xa se achega o Nadal, e este ano para adornar o centro imos facer unha árbore reciclando Cds vellos que teñamos na casa. Cada alumno/a debe traer polo menos un Cd. Poden decoralo ou recortalo, como vedes na imaxe. Os Cds poden recortarse con tesoiras para nenos/as.

Deben entregarllo á titora antes do 10 de decembro.


Aquí vos deixo algúns exemplos de como decorar os Cds.