martes, 15 de decembro de 2015

AS MAIMIÑAS

Resultado de imagen de as maimiñas unha viaxe polo mundo
ACTUACIÓN NO CEIP CHANO PIÑEIRO O DÍA 18 DE DECEMBRO


Para viaxar podes coller barcos, avións ou incluso camelos. Ou se cadra, abonda con acompañar as MAIMIÑAS nesta volta e reviravolta musical arredor do mundo.

Sabes cantar? Sabes bailar?. Daquela estás listo para  "UNHA VIAXE POLO MUNDO"









FESTA DE NADAL






Estimadas familias:

O vindeiro venres 18 de Decembro imos celebrar no centro a festa de NADAL.

Con motivo desta celebración, os nenos/as de infantil e primaria poderán desfrutar dun espectáculo de música “Unha viaxe polo mundo” no cal os nenos/as poderán cantar e bailar.  É un proxecto do grupo de animación infantil AS MAIMIÑAS.

Debido ó elevado custo desta actuación solicitamos unha pequena contribución por parte das familias de 1€ por neno/a sendo o resto aportado polo centro.

Para a merenda, este ano traerán lambetadas de Nadal os nenos/as de 1º, 3º e 5º dos grupos A e a bebida os nenos/as de 1º,3º e 5º dos grupos B. A merenda será compartida co resto dos grupos do centro, na vindeira festa serán os outros grupos os encargados de aportar a merenda.

Tamén queremos agradecer a vosa contribución á árbore de Nadal con CDs. O resultado está na páxina web do centro.

O Ceip Chano Piñeiro deséxavos a todos/as   Bo Nadal !!

A ÁRBORE DE NADAL

O Ceip Chano Piñeiro  deséxavos       Bo Nadal!!!!!!




martes, 8 de decembro de 2015

FOTOS DA SAÍDA DE PRIMEIRO Ó TEATRO E MUSEO DO MAR


DENDE O DÍA 1 ATA O DÍA 11 DE DECEMBRO, ESTABLÉCENSE AS DATAS NO CALENDARIO ESCOLAR PARA TRABALLAR NA AULA O ESTATUTO DE AUTONOMÍA E A CONSTITUCIÓN.

DEIXO ALGUNHAS PROPOSTAS FEITAS POR COMPAÑEIROS/AS  E ALUMNOS/AS.

SE PRECISADES MÁIS IDEAS, PODEDES  ATOPAR O TRABALLO DOUTROS ANOS PINCHANDO EN ETIQUETAS " ESTATUTO E CONSTITUCIÓN".



OS ALUMNOS/AS DO CEIP CHANO PIÑEIRO DESEÑARON ESTA TAREFA PARA TRABALLAR O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA.PINCHA NA IMAXE
PRESENTACIÓN FEITA POLOS NENOS/AS EN GRUPOS  "COLLEITAS"


ACTIVIDADE LIM PARA TRABALLAR NA AULA




mércores, 2 de decembro de 2015

ADORNOS PARA A ÁRBORE DE NADAL

Estimadas familias.

Xa se achega o Nadal, e este ano para adornar o centro imos facer unha árbore reciclando Cds vellos que teñamos na casa. Cada alumno/a debe traer polo menos un Cd. Poden decoralo ou recortalo, como vedes na imaxe. Os Cds poden recortarse con tesoiras para nenos/as.

Deben entregarllo á titora antes do 10 de decembro.


Aquí vos deixo algúns exemplos de como decorar os Cds.







xoves, 19 de novembro de 2015

20 DE NOVEMBRO DÍA DOS DEREITOS DO NENO/A

DÍA DOS DEREITOS DO NENO/A


O 20 de novembro de 1959 aprobouse a Declaración dos Dereitos do Neno. E desde entón, en todo o mundo, celébrase nesta data o Día Universal dos Nenos e Nenas.

RECURSOS PARA TRABALLAR ESTA DATA.







PINCHA PARA ACCEDER ÓS RECURSOS


ILUSTRA OS DEIREITOS ( FICHAS FOTOCOPIABLES)






luns, 26 de outubro de 2015

ANULASE O MAGOSTO

Estimadas familias:


O pronóstico do tempo para o próximo martes 27 de Outubro é de choiva polo que vémonos na obriga de anular a saída do MAGOSTO, queda posposta para o próximo martes día 3 de Novembro.


Un saúdo.


O Equipo de Actividades Complementarias





EXPOSICIÓN DO SAMAÍN-MAGOSTO 2015

AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS DA EXPOSICIÓN DO SAMAÍN E MAGOSTO QUE TEMOS NA PLANTA BAIXA DO COLE.


O NOSO AMIGO MARIANO QUE NOS ACOMPAÑA SEMPRE POR ESTAS DATAS.


O TRAGAMEDOS.
OS NENOS/AS TERÁN QUE ESFORZARSE PARA METER NA SÚA BOCA O DEBUXO OU ESCRITO DO  SEU MEDO.

O MOUCHO QUE RESCATAMOS DO ANO PASADO


ESTÁ ASUSTADO ATA MARIANO

O CASTELO ENCANTADO



ESPERAMOS FACER O MAGOSTO O DÍA 3 DE NOVEMBRO

ESTE ANO QUIXEMOS FACER UNHA PEQUENA EXPOSICIÓN DE FROITOS DO OUTONO.
A CASTAÑEIRA

OS FROITOS DO OUTONO










mércores, 30 de setembro de 2015

APRENDEMOS A RECICLAR CORRECTAMENTE



HOXE MANUEL ASISTÍU AO  CENTRO PARA ENSINARNOS COMO  RECICLAR CORRECTAMENTE.



APRENDEMOS MOITAS COUSAS:
  • PROBLEMAS QUE IMPLICA NON RECICLAR.
  • PROBLEMAS DOS RESIDUOS.
  • NON RECICLAR SUPÓN MALGASTAR.
  • TODO SE PODE RECICLAR.
  • PÓDESE FACER MEDIANTE: COMPOSTAXE, RECICLAXE OU XERAR ENERXÍA.
QUÉ PODEMOS FACER PARA MELLORAR?

  • REDUCIR O CONSUMO ( Non comprar 50 mazás se só necesitamos catro)
  • REUTILIZAR ( Utilizar panos de tea en vez de panos de papel)
  • RECICLAR ( Utilizar correctamente os colectores)

CADA COUSIÑA NO SEU LUGAR

TAMÉN APRENDEMOS ESTA CANCIÓN





ESTA ACTIVIDADE FOI OFERTADA POLO CONCELLO DE GONDOMAR.






CONSELLOS PARA RECICLAR








mércores, 10 de xuño de 2015

5 DE XUÑO FESTA DA AGUA 2015


O pasado venres  fixemos no centro a festa da auga. Os nenos/as pasárono moi ben, deixando voar a súa imaxinación.  

Mellorando a súa relación  cos seus compañeiros/as.
Elaborando  estratexias para mollar aos demais e non ser mollados.
Buscando o recipiente máis grande para levar a maior cantidade de auga posible.
Xogando ao pimball con pistolas de auga entre os xogos e castelos de infantil.

En definitiva ese día os nosos nenos/as ademais de xogar traballaron unha morea de cousas.

Deixo algunhas fotos da festa.

 






mércores, 13 de maio de 2015

FESTA DE FIN DE CURSO


FESTIVAL  DE FIN DE CURSO!!!!

O festival  de fin de curso do CEIP CHANO PIÑEIRO será o venres 19 de Xuño.


Podrán asistir os pais/nais en horario de 9:30 ata as 11:00. Se o tempo o permite.

Deberán  abandoar o centro unha vez finalizadas as actuación.


DÍA DO CINE 18 DE XUÑO

O vindeiro 18 de Xuño, todos os alumnos/as do Ceip Chano Piñeiro irán ao cine Imperial da Ramallosa.
A película que se vai proxectar  e "Home"



Trailer da película




CANCIÓN DEL FESTIVAL

OS PRESENTAMOS LA CANCIÓN PARA LA ACTUACIÓN DE SEGUNDO EN EL FESTIVAL DE FIN DE CURSO.