martes, 22 de novembro de 2016

25 DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Podemos definir a IGUALDADE como o principio que concede idénticos dereitos a todos os seres humanos con independencia da súa raza, sexo, relixión, condición social, ideoloxía ou circunstancias persoais.

A igualdade de oportunidades entre mulleres e homes é un principio básico e fundamental que recoñece a nosa Constitución.


PROPOSTA DE TRABALLO PARA O CURSO 2015/16



CONTO DE ROSA CARAMELO PARA INFANTIL E PRIMEIRO CICLO




CONTO PARA TRABALLAR NO SEGUNDO CICLO


CONTO PARA TRABALLAR NO TERCEIRO CICLO






MALALA É UNHA NENA QUE REIVINDICOU  OS SEUS DEREITOS FRONTE ÓS TIROS DOS TALIBÁNS.

O VÍDEO ESTÁ EN INGLÉS E CON SUBTÍTULOS  EN CASTELÁN




PRESENTACIÓN

 PINCHA PARA VER A PRESENTACIÓN
PINCHA PARA VER A PRESENTACIÓN


martes, 8 de novembro de 2016

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA " O MAGOSTO"


                          "O MAGOSTO"


Se buscamos a definición de Magosto no diccionario aparece como "Acción de asar as castañas, que en moitas ocasións se converte nun acontecemento festivo."

Co fin de  festexar esta  tradición galega o vindeiro día 15 de novembro, se o tempo o permite, os nenos/as do Ceip Chano Piñeiro, viaxarán hasta o Merendeiro de Chan da Lagoa (Baiona) para  asar as súas castañas.


A finalidade  desta saída:



Achegar ós nenos/as as festas tradicionais máis populares da cultura galega, concretamente ó Magosto.
Nas saídas os nenos/as investigan, teñen contacto directo co medio que lles rodea, observan, manipulan e descubren.
Posibilita traballar valores como o respeto e o coidado do medio ambiente e a educación vial.
Esta experiencia é tamén lúdica e potencia nos nenos/as a fantasía e a súa imaxinación.
Permite un primerio contacto para moitos dos nenos/as de tres anos cos medios de transporte.
A participación nunha saída axuda ao proceso de socialización, posto que desenvolven actitudes de cooperación, axudan a aceptación de normas de convivencia e incita a xerar novos vínculos afectivos entre iguais e cos adultos que os rodean (mestres/as)


OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:
  • Identificar o magosto como festa tradicional galega.
  • Recoñecer o vocabulario básico relacionado con esta festa.
  • Situar cronolóxicamente a festa do magosto na estación do ano correspondente, tendo en conta as súas características.
  • Identificar os alimentos que degustamos na festa do Magosto.
  • Valorar a importancia de conservar e transmitir o sentido das nosas festas tradicionais.
 MOI IMPORTANTE :

OS NENOS/AS DE TERCEIRO, CUARTO, QUINTO E SEXTO QUEDAN A XANTAR NO MONTE. ELES/AS VAN FACER UNHA ANDAINA QUE COMEZARÁ NO  COLEXIO DE BELESAR  E REMATA  NO MERENDEIRO DE CHAN DA LAGOA. A DURACIÓN APROXIMADA É DE UNHA HORA.
A
  • A MERENDA DEBEN TRAELA NUNHA BOLSA PEQUENA PECHADA CO SEU NOME.
  • DEBEN TRAER CALZADO AXEITADO PARA ANDAR NO MONTE E ROUPA CÓMODA.

  • TRAER UN PUÑADO DE CASTAÑAS PICADAS E ALGO DE LEÑA PARA FACER A FOGUEIRA, O PROPIO DÍA DO MAGOSTO.

MAPA DO PERCORRIDO DA ANDAINA



ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O MAGOSTO


 PINCHA NOS ENLACES PARA ACCEDER ÁS ACTIVIDADES


Resultado de imagen para manualidades para el magosto


UNIDADE DIDÁCTICA DO MAGOSTO ( CEIP IGREXA DE VALADARES)

UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE A CASTAÑA ( EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA IES MONTE CARRASCO)

ACTIVIDADE DE LECTURA CON PREGUNTAS SOBRE TRADICIÓN GALEGA DO MAGOSTO

LECTURA DA CASTAÑA  (CEIP OS PONZOS, FERROL)

A CASTAÑA QUE REBENTOU COA RISA

CONTO E FICHAS FOTOCOPIABLES



PARA TRABALLAR COAS TABLETAS OU ORDENADOR. PARA QUINTO E SEXTO.

WEBQUEST  " O MAGOSTO"

WEBQUEST " O MAGOSTO" CEIP O POMBAL 


COMO SE FABRICA EL MARRÓN GLACÉ



CONTO  DA CASTAÑEIRA
Resultado de imagen de IMAGEN MAGOSTO
PINCHA NA IMAXE
MÚSICA DO MAGOSTO

RAP DO MAGOSTO


CANCIÓN CHEGOU O MAGOSTO DE JESÚS PAREJA





MANUALIDADES











PROBA.

Indaga como se escribe a palabra " castaña " en inglés e en francés ( sen preguntarlle a ningún mestre / a ).

INGLÉS: ________________________
FRANCÉS: ________________________



PROBA.

Xeroglífico
Resolve este xeroglífico.

¿ Que había polo monte ?.

PROBA.

Isto que verás na outra parte da páxina é o souto por onde andan Carapuchiña e o lobo. Fíxate ben no debuxo e resposta ás seguintes preguntas. 
1 ). Sinala un camiño que poida percorrer o lobo para chegar á cesta de Carapuchiña (que ten castañas asadas que recenden por todo o bosque).
2 ). Busca os dous castiñeiros que non deron froitos este ano e píntaos de verde.
3 ). Localiza e rodea cun círculo a Carapuchiña (que se agochou nalgún lugar do bosque).
Xogo das árbores

PROBA.

Adiviña
¿ Cal destas castañas é zurda ?.
A número ________