martes, 8 de novembro de 2016

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA " O MAGOSTO"


                          "O MAGOSTO"


Se buscamos a definición de Magosto no diccionario aparece como "Acción de asar as castañas, que en moitas ocasións se converte nun acontecemento festivo."

Co fin de  festexar esta  tradición galega o vindeiro día 15 de novembro, se o tempo o permite, os nenos/as do Ceip Chano Piñeiro, viaxarán hasta o Merendeiro de Chan da Lagoa (Baiona) para  asar as súas castañas.


A finalidade  desta saída:



Achegar ós nenos/as as festas tradicionais máis populares da cultura galega, concretamente ó Magosto.
Nas saídas os nenos/as investigan, teñen contacto directo co medio que lles rodea, observan, manipulan e descubren.
Posibilita traballar valores como o respeto e o coidado do medio ambiente e a educación vial.
Esta experiencia é tamén lúdica e potencia nos nenos/as a fantasía e a súa imaxinación.
Permite un primerio contacto para moitos dos nenos/as de tres anos cos medios de transporte.
A participación nunha saída axuda ao proceso de socialización, posto que desenvolven actitudes de cooperación, axudan a aceptación de normas de convivencia e incita a xerar novos vínculos afectivos entre iguais e cos adultos que os rodean (mestres/as)


OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:
  • Identificar o magosto como festa tradicional galega.
  • Recoñecer o vocabulario básico relacionado con esta festa.
  • Situar cronolóxicamente a festa do magosto na estación do ano correspondente, tendo en conta as súas características.
  • Identificar os alimentos que degustamos na festa do Magosto.
  • Valorar a importancia de conservar e transmitir o sentido das nosas festas tradicionais.
 MOI IMPORTANTE :

OS NENOS/AS DE TERCEIRO, CUARTO, QUINTO E SEXTO QUEDAN A XANTAR NO MONTE. ELES/AS VAN FACER UNHA ANDAINA QUE COMEZARÁ NO  COLEXIO DE BELESAR  E REMATA  NO MERENDEIRO DE CHAN DA LAGOA. A DURACIÓN APROXIMADA É DE UNHA HORA.
A
  • A MERENDA DEBEN TRAELA NUNHA BOLSA PEQUENA PECHADA CO SEU NOME.
  • DEBEN TRAER CALZADO AXEITADO PARA ANDAR NO MONTE E ROUPA CÓMODA.

  • TRAER UN PUÑADO DE CASTAÑAS PICADAS E ALGO DE LEÑA PARA FACER A FOGUEIRA, O PROPIO DÍA DO MAGOSTO.

MAPA DO PERCORRIDO DA ANDAINA



Ningún comentario:

Publicar un comentario