Amosando publicacións coa etiqueta FOTOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FOTOS. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de novembro de 2016

25 DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Podemos definir a IGUALDADE como o principio que concede idénticos dereitos a todos os seres humanos con independencia da súa raza, sexo, relixión, condición social, ideoloxía ou circunstancias persoais.

A igualdade de oportunidades entre mulleres e homes é un principio básico e fundamental que recoñece a nosa Constitución.


PROPOSTA DE TRABALLO PARA O CURSO 2015/16



CONTO DE ROSA CARAMELO PARA INFANTIL E PRIMEIRO CICLO




CONTO PARA TRABALLAR NO SEGUNDO CICLO


CONTO PARA TRABALLAR NO TERCEIRO CICLO






MALALA É UNHA NENA QUE REIVINDICOU  OS SEUS DEREITOS FRONTE ÓS TIROS DOS TALIBÁNS.

O VÍDEO ESTÁ EN INGLÉS E CON SUBTÍTULOS  EN CASTELÁN




PRESENTACIÓN

 PINCHA PARA VER A PRESENTACIÓN
PINCHA PARA VER A PRESENTACIÓN


luns, 6 de xuño de 2016

VISITA Á MUIÑADA DO RÍO BAROSA

MAÑÁ OS NENOS/AS DE TERCEIRO E CUARTO VISITARÁN A MUIÑADA DO RÍO BAROSA NO CONCELLO DE BARRO





As fervenzas do río Barosa situadas no Parque Natural do río que leva o seu nome, localízanse na provincia de Pontevedra na estrada que vai cara a Caldas de Reis, e chégase a elas facilmente xa que apenas hai que andar, pois están moi preto desta estrada e ademais está sinalizado.

Este Parque Natural adoita estar moi concorrido os fins de semana, sexa inverno ou verán, xa que ademais está acondicionado como unha excelente zona recreativa, co aliciente para os senderistas de percorrer varias rutas de muíños, e un gran espectáculo coa caida libre da auga a un desnivel de 30 metros.

CONTA CON FONTE E MESAS PARA XANTAR

10694374_551887891611273_1857304253511405753_o




A SENDA DE APROXIMADAMENTE 2 KILÓMETROS .





xoves, 11 de febreiro de 2016

A QUEIMA DA MECA



OS NENOS/AS DE QUINTO FIXERON UNHA SENTENZA DE MORTE E O SEU TESTAMENTO

AQUÍ VOS DEIXO O SEU TRABALLO

SENTENZA

Hoxe,
con xuíz, avogados e fiscais,
a meca no lume imos botar
por todos os malos momentos que nos fixo pasar.

Este ano coñecemos a Laika Jones,
que é una exploradora mala e sen corazón.
Culpámola polos seguintes casos:

Por botar tanta auga do ceo
e non deixarnos xogar no recreo.
Por mandar tantos deberes,
por estragar os nosos xoguetes.

Meca, meca,
ímoste queimar
polo ridículo que esta semana
nos fixeches pasar.

Meca malvada,
amargada,
afastada,
que non sabes facer nada.

Dicímosche adeus
polas moitas familias de refuxiados
que fame e frío fixeches pasar.
Polos atentados en París,
canta xente morreu alí!
Ímoste incinerar
pola tristeza que fixeches pasar.
Meca, non se poden nomear
as cousas que nos fixeches afrontar.

Meca, meca,
por todas as enfermidades
ímoste condenar
e non imos chorar.

Por ocasionar todos os incendios de España
e por malgastar auga.
Por tantos animais en perigo de extinción
e, tamén, pola contaminación.

Por culpa túa as bombillas estoupan
e non temos luz para debuxar.
Polas inundacións en Gondomar,
agora vas chorar!

Polos políticos ladróns,
que rouban millóns e millóns.
Por tanta corrupción,
que inxusta situación!
Hoxe vas lamentar
o que nós tivemos que pagar!

Querida Laika Jones,
tampouco nos esquecemos da violencia de xénero,
que cada mes é noticia nos distintos medios.
.
Polos pupitres estropeados,
pretendes evitar que aprendamos?

Abrigos desaparecidos, documentos borrados,
que intentas facer?

Ímoste queimar,
por facer rir sen parar,
por facer esta festa
sen pés nin cabeza.

chora, chora, chora.
A moita xente xuntarás,
ao redor túa estarán
e unha festa farán.

Meca, meiquiña,
queimámoste por maliña.
Escoita, exploradora,
xa chegou a túa hora.


TESTAMENTO

Este ano á meca Laika Jones imos purificar,
xa que cousas malas nos fixo levar.
Pero a meca decidiu deixarnos as súas pertenzas,
xa que son moi bonitas, marabillosas.

E a meca dá isto:

Os meus libros aos de infantil, os máis pequenos,
xa que lles queda moito por aprender nos colexios.

Para os de primeiro,
un avión ultralixeiro.

Para os de segundo
unhas pipas Facundo.

Para os de terceiro,
algo relacionado coa música,
un pandeiro.

Para os de cuarto,
o meu cuarto.

Para os de quinto,
que me fixeron o testamento,
dou palabras e palabras
para que as leven sempre no pensamento.

Para os de sexto,
que me crearon,
doulles mil apertas
para que sigan así de contentos!

A miña casa aos sen teito,
para que polo menos teñan un lugar onde comer queixo.

A miña alegría aos que non a teñen,
xa que pode ser moi útil para toda a xente!
A miña vaixela para os máis comellóns
que, se quedan sen pratos,
póñense moi gruñóns.

Non me esquecín de vós,
mestres, mestras e director,
para vós hai un agasallo
moi grande de tamaño:
é a miña vivenda,
para que a coidedes
moi, moi ben.

mércores, 10 de xuño de 2015

5 DE XUÑO FESTA DA AGUA 2015


O pasado venres  fixemos no centro a festa da auga. Os nenos/as pasárono moi ben, deixando voar a súa imaxinación.  

Mellorando a súa relación  cos seus compañeiros/as.
Elaborando  estratexias para mollar aos demais e non ser mollados.
Buscando o recipiente máis grande para levar a maior cantidade de auga posible.
Xogando ao pimball con pistolas de auga entre os xogos e castelos de infantil.

En definitiva ese día os nosos nenos/as ademais de xogar traballaron unha morea de cousas.

Deixo algunhas fotos da festa.

 






mércores, 18 de marzo de 2015

VISITA DOS AVÓS/AS

TAMÉN NOS VISITARON OS AVÓS/AS DE HECTOR, ANTÓN,  MARCOS E BELÉN.


PINCHA NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

SAÍDA DE INFANTIL A APÍPOLIS

O MARTES 17 DE MARZO OS NENOS/AS DE INFANTIL VISITARON APÍPOLIS A CIDADE DAS ABELLAS.






MARCELLE SAÍDA DE SEGUNDO CICLO

PINCHA NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DA SAÍDA.

SAÍDA O GROVE ANO 2013

Excursión de 1º e 2º de primaria ao Grove 

  
Como traballamos moitísimo este trimestre, fomos de excursión á península do Grove. Visitamos a illa da Toxa e embarcamos nun catamáran con visión submariña.
Os nosos agradecementos a Cofradía de Pescadores e Marisqueiras do Grove e aos guías de Pescanatur, que tanto nos ensinaron. Moitas grazas!
De seguido tedes unhas fotos para que vexades a noxa viaxe cos nenos de 6 e 7 anos. 



PREME NA IMAXE PARA VER O VIDEO
 

luns, 16 de marzo de 2015

XORNADA DE XADRÉZ

HOXE TIVERON LUGAR AS XORNADAS DE XADRÉZ NA ESCOLA. ASISTIRON TODOS OS NENOS/AS DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

 APRENDERON:

  • QUE O XADRÉZ É UN XOGO DE MESA.
  • QUE  O XADRÉZ É MÁIS QUE UNHA COMPETICIÓN.
  • QUE CANDO XOGAMOS ESTAMOS Á FOMENTAR A NOSA IMAXINACIÓN, MEMORIA E  CAPACIDADE DE CONCENTRACIÓN.
  • QUE NON TEN PORQUE SER UN XOGO LENTO.
  • QUE SE PODE XOGAR MAIORES E PEQUENOS.
  • QUE NON É UN XOGO SEXISTA.
  • COÑECERON  QUE O CAMPIÓN ACTUAL DO MUNDO É UN RAPAZ MOI NOVO.
  • QUE NOUTROS LUGARES É TAN IMPORTANTE COMA O FÚTBOL.
ESTAN DESEXANDO QUE VEÑAN A PROXIMA VEZ PARA  COMEZAR A PRACTICAR.