Co obxectivo de promocionar o consumo responsable dende a infancia, o Equipo de Actividades Complementarias organizou unha serie de actividades para conmemorar esta data.
Cada aula debe elixir UNHA das seguintes actividades propostas e traballarla co alumnado do grupo.
Ademáis todo o centro debe aprender a facer unha bolsa da compra con papel de xornal. Tedes o video explicativo máis adiante.
- Facer unha lista da compra responsable. Unha vez que está feita a lista calcular cantos materiais de refugallo xeramos con esa compra. Tiveron en conta levar a bolsa da casa? Compraron froita en bandexas ou só as pezas de froita que necesitan en bolsa de papel? Pictogramas asociados á alimentación?
- Incorporar o hábito da lectura de etiquetas. Son quen de leer as etiquetas da roupa que levo ou da merenda? Que significan os símbolos do meu taper?
- Reflexionar sobre como se tratan os nosos datos en aplicacións informáticas para despóis ofertarnos, ou bombardearnos con suxerencias de compras.
- Elaborar un rexistro de todos os productos que terminan no lixo ao longo dun día. Reflexionar sobre a cantidade de basura que xeramos. É necesario utilizar tantos embases e bolsas de plástico?
- Visualizar o vídeo de como contribuir para aforrar o consumo da luz.
- Simulación dunha compra necesaria para un día da vida do noso alumnado. Que consideran necesario para o seu día a día? Levan unha alimentación saudable?
- Buscar no xornal anuncios. Qué anuncios atopamos nun xornal? Que cara teñen os protagonistas dos anuncios? Que nos queren vender, só o producto ou algo máis?
Vídeos:
- “De consumir a consumidor responsable” (recomendado a 2º y 3º ciclo):
- “SED y el día del consumo responsable” (primaria)
- “Cuidadín y Gastón, un cuento sobre consumo responsable” (infantil e 1º ciclo)
PINCHA PARA VER O VIDEO |
PINCHA PARA XOGAR |
Ningún comentario:
Publicar un comentario