xoves, 19 de marzo de 2015

XOGA AO XADREZ

PODES EMPEZAR A PRACTICAR. XOGA AO XADREZ DE FORMA SINXELA, CON PISTAS PARA FACER OS TEUS MOVEMENTOS, XOGAS CONTRA O ORDENADOR.

mércores, 18 de marzo de 2015

VISITA DOS AVÓS/AS

TAMÉN NOS VISITARON OS AVÓS/AS DE HECTOR, ANTÓN,  MARCOS E BELÉN.


PINCHA NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

SAÍDA DE INFANTIL A APÍPOLIS

O MARTES 17 DE MARZO OS NENOS/AS DE INFANTIL VISITARON APÍPOLIS A CIDADE DAS ABELLAS.






MARCELLE SAÍDA DE SEGUNDO CICLO

PINCHA NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DA SAÍDA.

SAÍDA O GROVE ANO 2013

Excursión de 1º e 2º de primaria ao Grove 

  
Como traballamos moitísimo este trimestre, fomos de excursión á península do GroveVisitamos a illa da Toxa e embarcamos nun catamáran con visión submariña.
Os nosos agradecementos a Cofradía de Pescadores e Marisqueiras do Grove e aos guías de Pescanatur, que tanto nos ensinaron. Moitas grazas!
De seguido tedes unhas fotos para que vexades a noxa viaxe cos nenos de 6 e 7 anos. 



PREME NA IMAXE PARA VER O VIDEO
 

luns, 16 de marzo de 2015

XORNADA DE XADRÉZ

HOXE TIVERON LUGAR AS XORNADAS DE XADRÉZ NA ESCOLA. ASISTIRON TODOS OS NENOS/AS DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

 APRENDERON:

  • QUE O XADRÉZ É UN XOGO DE MESA.
  • QUE  O XADRÉZ É MÁIS QUE UNHA COMPETICIÓN.
  • QUE CANDO XOGAMOS ESTAMOS Á FOMENTAR A NOSA IMAXINACIÓN, MEMORIA E  CAPACIDADE DE CONCENTRACIÓN.
  • QUE NON TEN PORQUE SER UN XOGO LENTO.
  • QUE SE PODE XOGAR MAIORES E PEQUENOS.
  • QUE NON É UN XOGO SEXISTA.
  • COÑECERON  QUE O CAMPIÓN ACTUAL DO MUNDO É UN RAPAZ MOI NOVO.
  • QUE NOUTROS LUGARES É TAN IMPORTANTE COMA O FÚTBOL.
ESTAN DESEXANDO QUE VEÑAN A PROXIMA VEZ PARA  COMEZAR A PRACTICAR.





luns, 9 de marzo de 2015

DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2015





ESTA É A PROPOSTA DOS NENOS/AS DE TERCEIRO CURSO DE PRIMARIA PARA TRABALLAR O DÍA INTERNACIÓNAL DA MULLER.




PINCHA NA IMAXE PARA ACCEDER A INFORMACIÓN




domingo, 8 de marzo de 2015

DÍA DA MULLER TRABALLADORA



8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA



TRABALLO REALIZADO POLOS NENOS/AS DE 3º 2014



PROPOSTA DOS NENOS/AS DE 3º PRIMARIA DO CEIP CHANO PIÑEIRO 2013

ACTIVIDADE MULLERES O LONGO DA HISTORIA.

ACTIVIDAD LIM








ACTIVIDAD ROSA CARAMELO





luns, 2 de marzo de 2015

SEMANA DOS AVÓS



PINCHA NA IMAXE E PODRÁS VER AS FOTOS DO DÍA.

OS NENOS/AS DE TRES VISITAN A ESCOLA DOS AVÓS/AS






SEMANA DOS AVÓS/AS

                       HOXE COMEZOU A SEMANA DOS AVÓS/AS. 

DURANTE TODA A SEMANA DIFERENTES AVÓS/AS ENSINARÁN OS SEUS NETOS/AS E COMPAÑEIROS/AS COMO ERA A  VIDA ESCOLAR NOS SEUS TEMPOS.


TAMÉN ESTAMOS A FACER UNHA EXPOSICIÓN PARA QUE OS NENOS/AS POIDAN APRECIAR MELLOR EN QUE CONDICIÓNS ESTUDABAN OS SEUS AVÓS/ AS.

SE TEDES ALGÚN MATERIAL QUE  QUEIRADES APORTAR A EXPOSICIÓN, ESTAREMOS ENCANTADOS. POR FAVOR POÑEDE O NOME DO ALUMNO/A  NO MATERIAL.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.

XADREZ NA ESCOLA


Estimadas familias:


Coa intención de promocionar o xadrez entre os nenos/as do noso centro, e atendendo á resolución do Parlamento Europeo recomendando a súa inclusión nos centros escolares, o Concello de Gondomar ofreceunos unhas xornadas para nenos/as de educación primaria.
Celebraranse o luns 16 de marzo para os nenos/as dende primeiro ata sexto de primaria. Serán impartidas por monitores de xadrez, que de forma amena e sinxela explicarán os alumnos/as o xogo-ciencia do xadrez.

A IMPORTANCIA DO XADREZ NA ESCOLA


A continuación expoñemos, de xeito breve e esquemático as capacidades intelectuais que se potencian, os valores que se ensinan e os hábitos que se adquiren co estudio e a práctica deste xogo.
O xadrez é un xogo moi útil para desenvolver a axilidade mental e a paciencia. Preténdese motivar aos nenos/as para que potencien a súa capacidade de análise ante determinadas situacións.
Se traballa a orientación do espacio- tempo e se mellora a expresión verbal.
O xadrez, en definitiva, e importante para a estimulación do pensamento, posto que a súa práctica engloba dous tipos de razoamento: o converxente, que consiste en saber aplicar os procedementos e os razoamentos lóxicos adecuados para atopar solucións correctas e o diverxente ou creativo, onde en función de coñecementos ou experiencias previas se calculan unha ou varias respostas, diferentes segundo a persoa e as circunstancias do momento.
Na resolución de problemas é moi importante, en primeiro lugar, ter a capacidade de recoñecelos e en segundo lugar, poder seleccionar os elementos importantes e discriminar os que non o son. En terceiro lugar, poder comparar as diferentes situacións e realizar os cálculos mentais necesarios para atopar as solucións máis idóneas.
É necesario destacar que mellora o aumento da capacidade de atención e a concentración. Tamén se mellora o razoamento lóxico e a memoria.

O feito de aprender a estar en silencio serve para fomentar e reforzar a adquisición de hábitos de estudio e, en consecuencia, incidir positivamente na mellora do rendemento escolar.
Ademais potenciase a capacidade de cálculo, de análise, mellora a percepción, a discriminación, a creatividade, a imaxinación e a intuición.
Respecto o ámbito da personalidade se estimula a iniciativa, o autocontrol, a autodisciplina, o esforzo, a reflexión, o pensamento crítico e a responsabilidade. Tamén mellora a organización e a planificación, e se potencia a autoestima e a autonomía.
Nunha partida de xadrez os xogadores están constantemente tomando decisións, para conseguir unha extratexia gañadora e así superar as dificultades . Isto require unha reflexión e uns análises previos para poder atopar a solución axeitada a cada momento e a vez que previr as futuras respostas do seu contrincante.
Independentemente de si gaña ou perde, aumenta a autoestima, xa que vai constatando que melloran as súas capacidades intelectuais e o autocontrol emocional.
As persoas que aprenden a escoller a mellor solución diante dun problema serán máis autónomas e máis responsables.
Dentro do ámbito deportivo, o xadrez fomenta o respecto polas regras do xogo, a aceptación de resultados das partidas, a solidariedade, a tolerancia, o respecto ao contrincante e a cooperación. E dicir, o xadrez é un instrumento que pode axudar á socialización.
Dentro do ámbito da saúde, o xadrez fomenta o desenvolvemento e o mantemento das capacidades intelectuais e, á vez, axuda a atopar un equilibrio emocional que aporta benestar e felicidade ás persoas, e a aprender a convivir.
En definitiva o xadrez facilita o proceso de aprendizaxe e a educación integral da persoa, o cal comporta unha notable mellora do rendemento escolar e do grado de maduración intelectual e persoal.


(Libro:“El ajedrez, un instrumento pedagógico”.)


Un saúdo


O Equipo de Actividades Complementarias.