luns, 2 de marzo de 2015

XADREZ NA ESCOLA


Estimadas familias:


Coa intención de promocionar o xadrez entre os nenos/as do noso centro, e atendendo á resolución do Parlamento Europeo recomendando a súa inclusión nos centros escolares, o Concello de Gondomar ofreceunos unhas xornadas para nenos/as de educación primaria.
Celebraranse o luns 16 de marzo para os nenos/as dende primeiro ata sexto de primaria. Serán impartidas por monitores de xadrez, que de forma amena e sinxela explicarán os alumnos/as o xogo-ciencia do xadrez.

A IMPORTANCIA DO XADREZ NA ESCOLA


A continuación expoñemos, de xeito breve e esquemático as capacidades intelectuais que se potencian, os valores que se ensinan e os hábitos que se adquiren co estudio e a práctica deste xogo.
O xadrez é un xogo moi útil para desenvolver a axilidade mental e a paciencia. Preténdese motivar aos nenos/as para que potencien a súa capacidade de análise ante determinadas situacións.
Se traballa a orientación do espacio- tempo e se mellora a expresión verbal.
O xadrez, en definitiva, e importante para a estimulación do pensamento, posto que a súa práctica engloba dous tipos de razoamento: o converxente, que consiste en saber aplicar os procedementos e os razoamentos lóxicos adecuados para atopar solucións correctas e o diverxente ou creativo, onde en función de coñecementos ou experiencias previas se calculan unha ou varias respostas, diferentes segundo a persoa e as circunstancias do momento.
Na resolución de problemas é moi importante, en primeiro lugar, ter a capacidade de recoñecelos e en segundo lugar, poder seleccionar os elementos importantes e discriminar os que non o son. En terceiro lugar, poder comparar as diferentes situacións e realizar os cálculos mentais necesarios para atopar as solucións máis idóneas.
É necesario destacar que mellora o aumento da capacidade de atención e a concentración. Tamén se mellora o razoamento lóxico e a memoria.

O feito de aprender a estar en silencio serve para fomentar e reforzar a adquisición de hábitos de estudio e, en consecuencia, incidir positivamente na mellora do rendemento escolar.
Ademais potenciase a capacidade de cálculo, de análise, mellora a percepción, a discriminación, a creatividade, a imaxinación e a intuición.
Respecto o ámbito da personalidade se estimula a iniciativa, o autocontrol, a autodisciplina, o esforzo, a reflexión, o pensamento crítico e a responsabilidade. Tamén mellora a organización e a planificación, e se potencia a autoestima e a autonomía.
Nunha partida de xadrez os xogadores están constantemente tomando decisións, para conseguir unha extratexia gañadora e así superar as dificultades . Isto require unha reflexión e uns análises previos para poder atopar a solución axeitada a cada momento e a vez que previr as futuras respostas do seu contrincante.
Independentemente de si gaña ou perde, aumenta a autoestima, xa que vai constatando que melloran as súas capacidades intelectuais e o autocontrol emocional.
As persoas que aprenden a escoller a mellor solución diante dun problema serán máis autónomas e máis responsables.
Dentro do ámbito deportivo, o xadrez fomenta o respecto polas regras do xogo, a aceptación de resultados das partidas, a solidariedade, a tolerancia, o respecto ao contrincante e a cooperación. E dicir, o xadrez é un instrumento que pode axudar á socialización.
Dentro do ámbito da saúde, o xadrez fomenta o desenvolvemento e o mantemento das capacidades intelectuais e, á vez, axuda a atopar un equilibrio emocional que aporta benestar e felicidade ás persoas, e a aprender a convivir.
En definitiva o xadrez facilita o proceso de aprendizaxe e a educación integral da persoa, o cal comporta unha notable mellora do rendemento escolar e do grado de maduración intelectual e persoal.


(Libro:“El ajedrez, un instrumento pedagógico”.)


Un saúdo


O Equipo de Actividades Complementarias.



Ningún comentario:

Publicar un comentario