martes, 15 de marzo de 2016

15 DE MARZO DÍA DO CONSUMIDOR






ESTE ANO NO CENTRO VAMOS A TRABALLAR ESTE  DÍA CUNHA ACTIVIDADE NA QUE OS NENOS/AS DEBEN ELABORAR  UN MENÚ.  O MENÚ DEBE SER SAUDABLE E DEBERÁN A SER POSIBLE AFORRAR O MÁXIMO POSIBLE. A COMPRA DO DÍA NON PODE SUPERAR OS 20 €.


FOLLETOS DE COMPRA PINCHA PARA VER O CATÁLOGO

CATÁLOGO ALCAMPO

CATÁLOGO HIPERCOR

CATÁLOGO LIDL

CATÁLOGO LIDL 2

CATÁLOGO HIPERDINO

CATÁLOGO EROSKI

CATÁLOGO CARREFOUR

martes, 1 de marzo de 2016

DÍA DA MULLER TRABALLADORA 15/16

DENDE AS AULAS DE TERCEIRO PROÑEN ESTES RECURSOS  PARA TRABALLAR ESTA DATA.  

                          RECURSOS PARA TRABALLAR NA AULA

CONTOS


PINCHA NA IMAXE PARA LER O CONTO




OUTROS RECURSOS:


PINCHA PARA TER MÁIS INFORMACIÓN


COÑECES A CLARA CAMPOAMOR?
PINCHA NA IMAXE


O VOTO FEMININO E CLARA CAMPOAMOR

                   
                                  CONTO DE ARTURO E CLEMENTINA


ACTIVIDADES PARA TRABALLAR O CONTO DE ARTURO E CLEMENTINA





luns, 22 de febreiro de 2016

CHARLAS

CHARLAS SOBRE ACOSO ESCOLAR



O Goberno de España desenvolve O PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS CURSO 2015-2016.

O centro solicitou a actividade “Acoso Escolar”, xa que consideramos importante ter información sobre este tema e facilitada por expertos, dada a crecente problemática existente.

Esta actividade será desenvolvida por persoal da Garda Civil en dúas fases:

  • O martes 23 de febreiro: charla ás familias ás 18:30 horas. Esperamos contar coa vosa asistencia.
  • O mércores 24 de febreiro charla ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria que se realizará ás 12 horas.

                                              

xoves, 11 de febreiro de 2016

A QUEIMA DA MECA



OS NENOS/AS DE QUINTO FIXERON UNHA SENTENZA DE MORTE E O SEU TESTAMENTO

AQUÍ VOS DEIXO O SEU TRABALLO

SENTENZA

Hoxe,
con xuíz, avogados e fiscais,
a meca no lume imos botar
por todos os malos momentos que nos fixo pasar.

Este ano coñecemos a Laika Jones,
que é una exploradora mala e sen corazón.
Culpámola polos seguintes casos:

Por botar tanta auga do ceo
e non deixarnos xogar no recreo.
Por mandar tantos deberes,
por estragar os nosos xoguetes.

Meca, meca,
ímoste queimar
polo ridículo que esta semana
nos fixeches pasar.

Meca malvada,
amargada,
afastada,
que non sabes facer nada.

Dicímosche adeus
polas moitas familias de refuxiados
que fame e frío fixeches pasar.
Polos atentados en París,
canta xente morreu alí!
Ímoste incinerar
pola tristeza que fixeches pasar.
Meca, non se poden nomear
as cousas que nos fixeches afrontar.

Meca, meca,
por todas as enfermidades
ímoste condenar
e non imos chorar.

Por ocasionar todos os incendios de España
e por malgastar auga.
Por tantos animais en perigo de extinción
e, tamén, pola contaminación.

Por culpa túa as bombillas estoupan
e non temos luz para debuxar.
Polas inundacións en Gondomar,
agora vas chorar!

Polos políticos ladróns,
que rouban millóns e millóns.
Por tanta corrupción,
que inxusta situación!
Hoxe vas lamentar
o que nós tivemos que pagar!

Querida Laika Jones,
tampouco nos esquecemos da violencia de xénero,
que cada mes é noticia nos distintos medios.
.
Polos pupitres estropeados,
pretendes evitar que aprendamos?

Abrigos desaparecidos, documentos borrados,
que intentas facer?

Ímoste queimar,
por facer rir sen parar,
por facer esta festa
sen pés nin cabeza.

chora, chora, chora.
A moita xente xuntarás,
ao redor túa estarán
e unha festa farán.

Meca, meiquiña,
queimámoste por maliña.
Escoita, exploradora,
xa chegou a túa hora.


TESTAMENTO

Este ano á meca Laika Jones imos purificar,
xa que cousas malas nos fixo levar.
Pero a meca decidiu deixarnos as súas pertenzas,
xa que son moi bonitas, marabillosas.

E a meca dá isto:

Os meus libros aos de infantil, os máis pequenos,
xa que lles queda moito por aprender nos colexios.

Para os de primeiro,
un avión ultralixeiro.

Para os de segundo
unhas pipas Facundo.

Para os de terceiro,
algo relacionado coa música,
un pandeiro.

Para os de cuarto,
o meu cuarto.

Para os de quinto,
que me fixeron o testamento,
dou palabras e palabras
para que as leven sempre no pensamento.

Para os de sexto,
que me crearon,
doulles mil apertas
para que sigan así de contentos!

A miña casa aos sen teito,
para que polo menos teñan un lugar onde comer queixo.

A miña alegría aos que non a teñen,
xa que pode ser moi útil para toda a xente!
A miña vaixela para os máis comellóns
que, se quedan sen pratos,
póñense moi gruñóns.

Non me esquecín de vós,
mestres, mestras e director,
para vós hai un agasallo
moi grande de tamaño:
é a miña vivenda,
para que a coidedes
moi, moi ben.

martes, 2 de febreiro de 2016

AUTORIZACIÓN PARA ASISTIR Á COMPARSA DE ENTROIDO

DEIXO A AUTORIZACIÓN DO ENTROIDO POR SE ALGUÉN A ESTRAVÍA.

PINCHA  NA IMAXE





NOTA PARA AS FAMILIAS

O Entroido 2016

Comezou o Entroido, e este ano o día 5 de Febreiro sairán moi ilusionados, os nenos e nenas do
 Chano Piñeiro , unidos nun só grupo representando algunhas das distintas culturas do mundo. 

A comparsa chámase “As culturas do mundo”O desfile comezará ás 11 horas, no pavillón de
 Gondomar.

En caso de choiva o desfile será no pavillón do centro, e as familias poderedes ver os vosos fillos/as 
a partir das 10:30. Cando remate o desfile deberedes abandonar o centro

Para a festa, os nenos/as dos grupos de 3 anos de Educación Infantil, segundo,
 cuarto e sexto de primaia serán os encargados de traer doces típicos de Entroido
 como orellas, biscoitos, rosquillas, filloas, etc, para compartir cos grupos de 
4 anos e 5 anos de educación infantil e  primeiro terceiro e quinto de primaria. 
A auga será aportada polo Concello.


A queima da Meca, farémola o Xoves 11 de Febreiro, os nenos/as deben vir vestidos 
de loito para despedir a Raíña do Entroido. O Concello tamén aportará para este día 
rosquillas para todos os nenos/as do centro.O Equipo de Actividades Complementarias.


domingo, 31 de xaneiro de 2016

A MECA 2016

A meca é unha personaxe que elaboran os nenos/as de 6º de Primaria, vai mandando ordes unha semana antes do Entroido para todo o centro.


Non ten que ser un disfrace completo, son complementos, que poderedes elaborar na casa con materiais de refugallo. Poñer en xogo a vosa imaxinación. O importante é pasalo ben. Recordar que os disfraces máis bonitos son os elaborados por nos mesmos.