luns, 5 de xuño de 2017

DÍA DO MEDIOAMBIENTE

Son moitos os contidos e as actividades que este ano estamos facendo no centro  para coidar o medioambiente: puxéronse en funcionamento a PATRULLAS VERDES, en todas as aulas teñen contedores para a reciclaxe de papel, plásticos e orgánicos, no patio que  aumentouse o número de contedores para poder facer unha correcta reciclaxe.

Tamén cambiamos a nosa forma de traer o pequeno almorzo ao cole, agora facémolo en friameiras e non utilizamos papel de alumninio.

Cos tapóns que reciclamos no Chano fixemos unha gran labor, levaronse á protectora  de animais abandoados OS PALLEIROS DE PONTEVEDRA.

Recorda que se decides ter unha mascota debes coidala, protexela  e aínda que a túa vida cambie nunca debes abandoala, ela non o faría.


                                


Pero non podemos esquecer que son moitas  as tarefas que podemos facer cada día a favor do medio ambiente, coidar as nosas mascotas, non deixar o grifo aberto mentres lavamos as mans, coidar as plantas, non tirar escombro nos nosos montes, reciclar os tapóns.

                                         

PARA NENOS/AS DE PRIMARIA


                                      

Son moitos os animais en perigo de extinción, deixamos un vídeo con algúns deles.


Cuida de tu planeta

luns, 8 de maio de 2017

DÍA DE EUROPA



9 DE MAIO DÍA DE EUROPA                         

 En Europa, o Día de Europa é unha celebración anual de paz e unidade europeas.
O 9 de maio de 1950, Robert Schuman, Ministro francés de Asuntos Exteriores, presentou a proposta denominada "Declaración Schuman", para a creación dunha Europa organizada sobre unhas bases políticas comúns que buscaban unhas relacións pacíficas permanentes entre os diferentes países europeos.
Esa Declaración, en principio dirixida ás relacións entre Francia e Alemaña e á creación da Comunidade Europea do carbón e do aceiro, sentou as bases do que hoxe é a Unión Europea. Na Cumbre de Milán de 1985, en ocasión do centenario do nacemento de Schuman, a Comisión Europea decidiu designa-lo 9 de maio como Día de Europa.

 

 Cada 9 de maio, a Unión Europea celebra o DÍA DE EUROPA, unha data que simboliza o éxito da Unión Europea, como o euro, a bandeira ou o seu himno. É un día para celebrar a paz, a estabilidade e a cidadanía europea.


 Por que se celebra este día?  
Porque un 9 de maio de 1950,mañá fará xa 63 anos,  Robert Schuman, presentou a súa proposta para a creación dunha Europa organizada que axudase ao mantenemento de relacións pacíficas. Esta proposta que se coñece como "Declaración Shuman", é considerada o xermen da creación do que na actualidade é a Unión Europea.
Éste día, celébrase nos 27 estados membros da Unión Europea con centos de actividades e festexos que achegan Europa aos seus cidadáns e unen aos distintos pobos. 


Xogos e actividades para traballar este día


Unidade Didáctica para primaria.
https://drive.google.com/file/d/0Bw6HEIb7L47oaU55V0VFZ2hGak0/edit


ENLACE Á  PÁXINA EUROPA JUNIOR

Recopilatorio de direccións útiles donde atopar ideas, recursos e actividades para celebrar o día de Europa nas Aulas.

Xogos para os máis pequenos:

http://europa.eu/kids-corner/index_es.htm

Para traballar coa pantalla smart:

O   himno http://exchange.smarttech.com/details.html?id=a8b59d7f-4954-4bb9-b961-c8164b1d8a40

A moeda  http://exchange.smarttech.com/details.html?id=9e05980b-d86b-4332-8da8-22ac413ed054

Os países da UE  http://exchange.smarttech.com/details.html?id=3bdc068d-3234-49d9-a532-073a478dfafc


Día de Europa. Banderas de los países miembros de la UE  http://exchange.smarttech.com/details.html?id=e4446315-1db1-46b0-b514-ecad012d0110

FICHAS PARA IMPRIMIR









domingo, 7 de maio de 2017

CAMPING OS FIEITAS

Os nenos/as de  sexto  de Educación Primaria visitarán o camping os Fieitas, esta acampada está programada como saída de final de ciclo.

Por si é do voso interés deixo o video promocional do camping.




luns, 20 de febreiro de 2017

Actividades de Dinamización Lingüística

A Coordinadora Galega de Normalización  lingüística propón actividades para coñecer mellor  a festa do Entroido.

Deixovos o enlace na imaxe.


mércores, 8 de febreiro de 2017

ACTIVIDADES ENTROIDO

ACTIVIDADES LIM PARA TRABALLAR NA AULA.

PINCHA NA IMAXE E APRENDE COMO SON OS ENTROIDOS DE OURENSE 


PINCHA PARA APRENDER

PINCHA NA IMAXE PARA TRABALLAR


PINCHA PARA APRENDER O QUE É UN .......
                                                 
                                 FAI UNS ANOS O PROFE DIEGO BARREAL ENSINOUNOS COMO SE PREPARA UN AUTENTICO PELIQUEIRO. PINCHA NA IMAXE PARA VER O VIDEO


Aquí vos deixo o video de Kepa Junkera que dedicou unha canción e un videoclip aos PELIQUEIROS DE CASTRO
PINCHA NO PELIQUEIRO PARA VER O VIDEOCLIP


martes, 7 de febreiro de 2017

UNIDADE DIDÁCTICA O ENTROIDO ( OS BOLECHAS)


O entroido é unha das festas máis tradicionais da nosa comunidade, con múltiples variantes segundo o lugar. E é tamén unha das preferidas polos máis novos, de aí a facilidade para aproveitar este interese e traballar múltiples aspectos formativos: historia, xeografía, tradición, valores, música, gastronomía, plástica… As posibilidades son case infinitas pero nesta guía trataremos de simplificar conceptos para que os máis novos (2 a 5 anos) teñan un primeiro achegamento ao carnaval e, en concreto ao entroido galego, e participen del dunha forma activa e alegre, ao tempo que facemos un primeiro achegamento a conceptos moito máis complexos como a tolerancia, a igualdade de sexos etc. 




PINCHA PARA ACCEDER A UNIDADE COMPLETA

ENTROIDO 2014

TESTAMENTO DA MECA 2014

Neste triste día
de longo inverno,
a Dona Meca imos queimar,
por tódalas traizóns
que nos fixo pasar
e coa letra desta testemuña 
ímolo xustificar.
Considerámoste culpable
das inclemencias metereolóxicas, 
por influir negativamente
nos homes do tempo 
e facer que anunciara,
tódolos días,
moita choiva e forte vento.
Ademáis por dicir
que non ía parar de chover
dende a mañá
ata o anoitecer.

Tamén considerámoste causante
de múltiples inundacións
dende Galicia ata Castellón,
e de facer voar tellados,
en casas, escolas e pavillóns.
E por mandarnos cicloxéneses, 
coma Ruth e Stephanie,
e outros trens cunha morea de vagóns.
Tamén ímoste queimar
polo sexista que ti es,
pois elixiches, para nomear catástrofes
soamente, nomes de muller.
Durante toda unha semana,
déchesnos ordes
que cumpremos de boa gana.
Fixéchesnos ir á praia 
polo que che imos queimar
ata a saia, 
pois estamos no inverno
e vai un frío do demo.

Fixéchesnos parecer
o que non queríamos ser.
Cun sombreiro na cabeza,
lentes e flotador,
viñemos á escola
en bikini e bañador.

Fixéchesnos pintar 
a cara pola mañá,
cando tiñámola
recén lavada.

Anos levamos 
pedíndoche unha piscina
e ti só nos mandas
un tremendo clima.

Polo inverno que nos deches,
ímoste plantar foguetes.

Tódolos días choiva
nin un só día de sol ou de troula.

Condenámoste Meca no lume a morrer
por tódolos males que nos fixeches padecer.

Adeus aos políticos ladróns
que rouban un montón
e inda lles dan o perdón.

Por esta crise
que é un asco
só da menos traballo
para as nais e pais do Chano.

Por todos os sucesos malos
que pasaron no colexio
e non eran do noso desexo.

Non che temos medo
nin gardamos segredos.
Se queres coñecernos 
que saibas
que de 5º somos, estas nenas e nenos.


 


DESFILE POR GONDOMAR 
O 28 DE FEBREIRO.


Comezou o Entroido, e este ano o día 28 de Febreiro sairán do Chano Piñeiro decididos a viaxar xuntos no tempo, para ollar as  rúas e as  xentes de Gondomar , unidos nun so grupo: cavernícolas, romanos, guerreiros celtas, bufóns, campesiños mediavais, artesáns, rapeiros e ata hippies.

 Estade atentos pois invadirán as rúas de Gondomar aproximadamente a partir das 11:00, se o tempo o permite.

Para a festa, os nenos/as dos grupos A serán os encargados de traer doces típicos de Entroido como orellas, biscoitos, marruchos, filloas, etc, para compartir cos grupos B. A auga será aportada polo Concello.


ORDES DA MECA 2014


A RAIÑA DO ENTROIDO DONA MECA FIXO CHEGAR MEDIANTE UN COMUNICADO AS SEGUINTES ORDES:
MECA REALIZADA POLOS NENOS/AS DE 6º
LUNS: GORRO DE BAÑO, PAMELA OU GORRA.

MARTES: GORRO DE BAÑO, PAMELA OU GORRA E BAÑADOR POR ENCIMA DO PANTALÓN.

MÉRCORES: GORRO DE BAÑO, PAMELA OU GORRA, BAÑADOR POR ENCIMA DO PANTALÓN E GAFAS DE SOL.

XOVES: GORRO DE BAÑO, PAMELA OU GORRA, BAÑADOR POR ENCIMA DO PANTALÓN, GAFAS DE SOL E FLOTADOR OU  MANGUITOS.

A volta do Entroido, o xoves 6 de Marzo todos debemos vir vestidos de loito para queimar a meca e ler o seu testamento.


A CONTINUACIÓN PRESENTAMOS UNHA SERIE DE RECURSOS PARA TRABALLAR O ENTROIDO NAS AULAS, PROPOSTAS DOUTRAS ESCOLAS QUE AGRADECEMOS AL COLGUEN NA WEB.

Pincha na imaxe para xogar

PARA INFANTIL AQUÍ TEDES UN XOGO PARA ATOPAR O DISFRAZ


CONTO E ACTIVIDADE LIM CARNAVAL EN EL ZOO
DE FABIÁN SEVILLA

PINCHA NA IMAXE
ANA REY NOS DEIXA UN CONTO E ACTIVIDADE LIM
ENTROIDO 2013


O PROFE DIEGO ENSINOUNOS COMO SE VISTE UN AUTÉNTICO PELIQUEIRO
Á volta do entroido, no colexio queimamos o MECO e o profe Diego vestiuse co traxe tradicional do entroido de Castro e de Laza, o PELIQUEIRO. 
A presencia desta figura de entroido non pasou inadvertida no colexio, o podedes ver no seguinte video. 

PINCHA NA IMAXE PARA VER O VIDEO E FOTOS

XUIZO DO MECO 2013 FEITO POR NENOS/AS DE 6º DE PRIMARIA


Bos días nenas e nenos.
Estamos aquí xuntiños os do Chano para xulgar a este meco por tantos males como nos fixo.

Culpámoste meco:

  • dos nosos deberes que non podemos respirar por culpa deles.
  • por madrugar sen ter a recompesa de poder xogar.
  • polo pouco tempo de recreo.
  • polos profes que en vez de deixarnos xogar obríganos a estudiar.
  • polas riadas de Gondomar que ainda nos van afogar.
  • polo paro galego que hai neste tempo.
  • polo traballo que nos fas pasar.
  • por todos os incendio que fan os galegos.
  • todos os desafiuzamentos do noso concello.
  • polo mal tempo en Gondomar que non nos deixa sair xogar.
  • polos equipos de Gondomar que non saben gañar.
  • polas profes que hai neste cole que son as máis malas de todo Gondomar.
  • Culpámoste meco de Gondomar que o hoxe tanto nos fas chorar.




ACTIVIDADES

SOBRE O ENTROIDO EN OURENSE E OS PELIQUEIROS

ACTIVIDADE LIM PARA PRIMARIA MOI INTERESANTE

MASCARAS PARA IMPRIMIR Y COLOREAR

martes, 17 de xaneiro de 2017

DÍA DA INFANCIA


Este curso, dende o colexio elaboramos conxuntamente entre as diferentes aulas un cartel no que representamos os desexos de cada un para acadar unha infancia plena e feliz.

xoves, 22 de decembro de 2016

NADAL

MOITÍSIMAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN.
A ÁRBORE DE NADAL QUEDOU PRECIOSA.

O EQUIPO DE COMPLEMENTARIAS DESÉXAVOS BO NADAL.

La imagen puede contener: interior