venres, 6 de febreiro de 2015

O MECO CERBERO

O REI DO ENTROIDO DON MECO CERBERO FIXO CHEGAR MEDIANTE UN COMUNICADO AO CHANO PIÑEIRO AS SEGUINTES ORDES QUE DEBEREDES CUMPRIR.

QUEDOU MOI CHULO.

UN APLAUSO MERECIDO PARA OS NENOS/AS DE SEXTO DE  PRIMARIA.

                         

SE QUERES DIVERTIDO SER,
   VARIOS DISFRACES DEBES FACER:

O LUNS O PRIMEIRO DÍA É,
       E MOI LEDO A ESCOLA VEN,
               NON ESQUEZAS VESTIRTE DE BEBÉ.

O MARTES MEUS COMPAÑEIROS/AS
        TRASTES, LISTOS/AS E REVULDEIROS/AS
                IMOS VIR DISFRAZADOS/AS DE COCIÑEIROS/AS.

O MÉRCORES VIAXAMOS Ó OESTE,
         DE INDIOS/AS OU VAQUEIROS/AS
                  MEUS ALUMNOS/AS FESTEXEIROS/AS.

O XOVES NON O VAS A CRER,
               DISFRACE LIBRE
                           PODES TRAER.


O meco é un personaxe que elaboran os nenos/as de sexto primaria, vai mandando ordes unha semana antes do Entroido para todo o alumnado do centro.

Non ten que ser un disfrace completo, son complementos, que poderedes elaborar na casa con materiais de refugallo. Poñer en xogo a vosa imaxinación. O importante é pasalo ben. Recordar que os disfraces máis bonitos son os elaborados por nos mesmos.

Á volta do Entroido, o xoves 19 de febreiro, todos deberedes vir vestidos de loito para queimar o meco e ler o seu testamento, elaborado por nenos/as de quinto curso de primaria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario