mércores, 8 de abril de 2015

Campaña educativa "Separemos ben, reciclaremos mellor"

Resultado de imagen de sogama4 de Xuño


Dende SOGAMA  ofrecen ao centro a posiblilidade de formar parte dunha iniciativa de formación  a cargo de educadores especializados na materia, unha serie de actividades formativas dirixidas ao alumnado, ao que se lle trasladará os coñecementos necesarios para que  estes aprendan a xestionar correctamente o lixo que producen a diario, capacitándoos mesmo para levar a cabo unha tarefa pedagóxica na súa contorna  familiar e social máis inmediata.

Esta Campaña de Concienciación e Educación Ambiental sobre Residuos  Domésticos está promovida pola Xunta de Galicia, Sogama, Ecoembes, Ecovidrio e os SIG de pilas, conta cunha xornada educativa pensada para o alumnado de ensino primario.

A xornada prantéxase para o día 4 de Xuño e cos grupos de terceiro, cuarto,quinto e sexto.

Desenvolvemento da sesión de  50 minutos:

- Charla teórica interactiva.
- Actividades prácticas: xogo de reciclaxe.
-Resolución de dúbidas e repaso de resultados.
-Entrega de material educativo e promocional aos participantes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario