luns, 20 de abril de 2015

DOBRAXE NA ESCOLA

O Concello de Gondomar ofertou  un obradoiro de dobraxe para nenos/as de cuarto e quinto de primaria que  aceptamos gustosamente.

Farase na mañá do martes 21 de abril, dentro do horario escolar. 

É un proxecto de Suso Pando e Manuel Pombal ( FMEC Producións)

"Dobraxe na Escola" é unha actividade lúdica educativa que ten como finalidade achegarlles aos nenos/as, dun xeito ameno e didáctico, o mundo do dobraxe.

Realizarase utilizando monicreques e un xogo dramático que mostra os pasos da elaboración dunha película, para finalmente  ensaiar entre todos un pequeno fragmento.


Ningún comentario:

Publicar un comentario