A Coordinadora Galega de Normalización lingüística propón actividades para coñecer mellor a festa do Entroido.
Deixovos o enlace na imaxe.
As actividades complementarias son moi importantes para os vosos fillos/as. Atoparedes neste blogue algunhas das traballadas neste curso. Esperamos que vos guste
luns, 20 de febreiro de 2017
venres, 17 de febreiro de 2017
mércores, 8 de febreiro de 2017
ACTIVIDADES ENTROIDO
ACTIVIDADES LIM PARA TRABALLAR NA AULA.

FAI UNS ANOS O PROFE DIEGO BARREAL ENSINOUNOS COMO SE PREPARA UN AUTENTICO PELIQUEIRO. PINCHA NA IMAXE PARA VER O VIDEO
Aquí vos deixo o video de Kepa Junkera que dedicou unha canción e un videoclip aos PELIQUEIROS DE CASTRO
![]() |
| PINCHA NA IMAXE E APRENDE COMO SON OS ENTROIDOS DE OURENSE |
![]() |
| PINCHA PARA APRENDER |
![]() |
| PINCHA NA IMAXE PARA TRABALLAR |
![]() |
| PINCHA PARA APRENDER O QUE É UN ....... |
FAI UNS ANOS O PROFE DIEGO BARREAL ENSINOUNOS COMO SE PREPARA UN AUTENTICO PELIQUEIRO. PINCHA NA IMAXE PARA VER O VIDEO
Aquí vos deixo o video de Kepa Junkera que dedicou unha canción e un videoclip aos PELIQUEIROS DE CASTRO
PINCHA NO PELIQUEIRO PARA VER O VIDEOCLIP
martes, 7 de febreiro de 2017
UNIDADE DIDÁCTICA O ENTROIDO ( OS BOLECHAS)
O entroido é unha das festas máis tradicionais da nosa comunidade, con múltiples
variantes segundo o lugar. E é tamén unha das preferidas polos máis novos, de aí
a facilidade para aproveitar este interese e traballar múltiples aspectos formativos:
historia, xeografía, tradición, valores, música, gastronomía, plástica…
As posibilidades son case infinitas pero nesta guía trataremos de simplificar
conceptos para que os máis novos (2 a 5 anos) teñan un primeiro achegamento ao
carnaval e, en concreto ao entroido galego, e participen del dunha forma activa e
alegre, ao tempo que facemos un primeiro achegamento a conceptos moito máis
complexos como a tolerancia, a igualdade de sexos etc.
![]() |
| PINCHA PARA ACCEDER A UNIDADE COMPLETA |
ENTROIDO 2014
TESTAMENTO DA MECA 2014
Neste triste día
de longo inverno,
a Dona Meca imos queimar,
por tódalas traizóns
que nos fixo pasar
e coa letra desta testemuña
ímolo xustificar.
Considerámoste culpable
das inclemencias metereolóxicas,
por influir negativamente
nos homes do tempo
e facer que anunciara,
tódolos días,
moita choiva e forte vento.
Ademáis por dicir
que non ía parar de chover
dende a mañá
ata o anoitecer.
Tamén considerámoste causante
de múltiples inundacións
dende Galicia ata Castellón,
e de facer voar tellados,
en casas, escolas e pavillóns.
E por mandarnos cicloxéneses,
coma Ruth e Stephanie,
e outros trens cunha morea de vagóns.
Tamén ímoste queimar
polo sexista que ti es,
pois elixiches, para nomear catástrofes
soamente, nomes de muller.
Durante toda unha semana,
déchesnos ordes
que cumpremos de boa gana.
Fixéchesnos ir á praia
polo que che imos queimar
ata a saia,
pois estamos no inverno
e vai un frío do demo.
Fixéchesnos parecer
o que non queríamos ser.
Cun sombreiro na cabeza,
lentes e flotador,
viñemos á escola
en bikini e bañador.
Fixéchesnos pintar
a cara pola mañá,
cando tiñámola
recén lavada.
Anos levamos
pedíndoche unha piscina
e ti só nos mandas
un tremendo clima.
Polo inverno que nos deches,
ímoste plantar foguetes.
Tódolos días choiva
nin un só día de sol ou de troula.
Condenámoste Meca no lume a morrer
por tódolos males que nos fixeches padecer.
Adeus aos políticos ladróns
que rouban un montón
e inda lles dan o perdón.
Por esta crise
que é un asco
só da menos traballo
para as nais e pais do Chano.
Por todos os sucesos malos
que pasaron no colexio
e non eran do noso desexo.
Non che temos medo
nin gardamos segredos.
Se queres coñecernos
que saibas
que de 5º somos, estas nenas e nenos.
DESFILE POR GONDOMAR
O 28 DE FEBREIRO.
A CONTINUACIÓN PRESENTAMOS UNHA SERIE DE RECURSOS PARA TRABALLAR O ENTROIDO NAS AULAS, PROPOSTAS DOUTRAS ESCOLAS QUE AGRADECEMOS AL COLGUEN NA WEB.
PARA INFANTIL AQUÍ TEDES UN XOGO PARA ATOPAR O DISFRAZ
O PROFE DIEGO ENSINOUNOS COMO SE VISTE UN AUTÉNTICO PELIQUEIRO
ACTIVIDADES
SOBRE O ENTROIDO EN OURENSE E OS PELIQUEIROS
ACTIVIDADE LIM PARA PRIMARIA MOI INTERESANTE
MASCARAS PARA IMPRIMIR Y COLOREAR
Neste triste día
de longo inverno,
a Dona Meca imos queimar,
por tódalas traizóns
que nos fixo pasar
e coa letra desta testemuña
ímolo xustificar.
Considerámoste culpable
das inclemencias metereolóxicas,
por influir negativamente
nos homes do tempo
e facer que anunciara,
tódolos días,
moita choiva e forte vento.
Ademáis por dicir
que non ía parar de chover
dende a mañá
ata o anoitecer.
Tamén considerámoste causante
de múltiples inundacións
dende Galicia ata Castellón,
e de facer voar tellados,
en casas, escolas e pavillóns.
E por mandarnos cicloxéneses,
coma Ruth e Stephanie,
e outros trens cunha morea de vagóns.
Tamén ímoste queimar
polo sexista que ti es,
pois elixiches, para nomear catástrofes
soamente, nomes de muller.
Durante toda unha semana,
déchesnos ordes
que cumpremos de boa gana.
Fixéchesnos ir á praia
polo que che imos queimar
ata a saia,
pois estamos no inverno
e vai un frío do demo.
Fixéchesnos parecer
o que non queríamos ser.
Cun sombreiro na cabeza,
lentes e flotador,
viñemos á escola
en bikini e bañador.
Fixéchesnos pintar
a cara pola mañá,
cando tiñámola
recén lavada.
Anos levamos
pedíndoche unha piscina
e ti só nos mandas
un tremendo clima.
Polo inverno que nos deches,
ímoste plantar foguetes.
Tódolos días choiva
nin un só día de sol ou de troula.
Condenámoste Meca no lume a morrer
por tódolos males que nos fixeches padecer.
Adeus aos políticos ladróns
que rouban un montón
e inda lles dan o perdón.
Por esta crise
que é un asco
só da menos traballo
para as nais e pais do Chano.
Por todos os sucesos malos
que pasaron no colexio
e non eran do noso desexo.
Non che temos medo
nin gardamos segredos.
Se queres coñecernos
que saibas
que de 5º somos, estas nenas e nenos.
DESFILE POR GONDOMAR
O 28 DE FEBREIRO.
Comezou o
Entroido, e este ano o día 28 de Febreiro sairán do Chano
Piñeiro decididos a viaxar xuntos no tempo, para ollar as rúas e as xentes de
Gondomar , unidos nun so grupo: cavernícolas, romanos, guerreiros celtas, bufóns, campesiños mediavais, artesáns, rapeiros e ata hippies.
Estade atentos pois invadirán as rúas de Gondomar aproximadamente a partir das 11:00, se o tempo o permite.
Estade atentos pois invadirán as rúas de Gondomar aproximadamente a partir das 11:00, se o tempo o permite.
Para
a festa, os nenos/as dos grupos A serán os encargados de traer doces
típicos de Entroido como orellas, biscoitos, marruchos, filloas, etc,
para compartir cos grupos B. A auga será aportada polo Concello.
ORDES DA MECA 2014
A RAIÑA DO ENTROIDO DONA MECA FIXO CHEGAR MEDIANTE UN COMUNICADO AS SEGUINTES ORDES:
![]() |
| MECA REALIZADA POLOS NENOS/AS DE 6º |
LUNS: GORRO DE BAÑO, PAMELA OU GORRA.
MARTES: GORRO DE BAÑO, PAMELA OU GORRA E BAÑADOR POR ENCIMA DO PANTALÓN.
MÉRCORES: GORRO DE BAÑO, PAMELA OU GORRA, BAÑADOR POR ENCIMA DO PANTALÓN E GAFAS DE SOL.
XOVES: GORRO DE BAÑO, PAMELA OU GORRA, BAÑADOR POR ENCIMA DO PANTALÓN, GAFAS DE SOL E FLOTADOR OU MANGUITOS.
A volta do Entroido, o xoves 6 de Marzo todos debemos vir vestidos de loito para queimar a meca e ler o seu testamento.
A CONTINUACIÓN PRESENTAMOS UNHA SERIE DE RECURSOS PARA TRABALLAR O ENTROIDO NAS AULAS, PROPOSTAS DOUTRAS ESCOLAS QUE AGRADECEMOS AL COLGUEN NA WEB.
![]() |
| Pincha na imaxe para xogar |
PARA INFANTIL AQUÍ TEDES UN XOGO PARA ATOPAR O DISFRAZ
| CONTO E ACTIVIDADE LIM CARNAVAL EN EL ZOO DE FABIÁN SEVILLA |
| PINCHA NA IMAXE |
| ANA REY NOS DEIXA UN CONTO E ACTIVIDADE LIM |
ENTROIDO 2013
Á volta do entroido, no colexio queimamos o MECO e o profe Diego vestiuse co traxe tradicional do entroido de Castro e de Laza, o PELIQUEIRO.
A presencia desta figura de entroido non pasou inadvertida no colexio, o podedes ver no seguinte video.
PINCHA NA IMAXE PARA VER O VIDEO E FOTOS
XUIZO DO MECO 2013 FEITO POR NENOS/AS DE 6º DE PRIMARIA
Bos días nenas e nenos.
Estamos aquí xuntiños os do Chano para xulgar a este meco por tantos males como nos fixo.
Culpámoste meco:
- dos nosos deberes que non podemos respirar por culpa deles.
- por madrugar sen ter a recompesa de poder xogar.
- polo pouco tempo de recreo.
- polos profes que en vez de deixarnos xogar obríganos a estudiar.
- polas riadas de Gondomar que ainda nos van afogar.
- polo paro galego que hai neste tempo.
- polo traballo que nos fas pasar.
- por todos os incendio que fan os galegos.
- todos os desafiuzamentos do noso concello.
- polo mal tempo en Gondomar que non nos deixa sair xogar.
- polos equipos de Gondomar que non saben gañar.
- polas profes que hai neste cole que son as máis malas de todo Gondomar.
- Culpámoste meco de Gondomar que o hoxe tanto nos fas chorar.
ACTIVIDADES
SOBRE O ENTROIDO EN OURENSE E OS PELIQUEIROS
ACTIVIDADE LIM PARA PRIMARIA MOI INTERESANTE
MASCARAS PARA IMPRIMIR Y COLOREAR
martes, 17 de xaneiro de 2017
DÍA DA INFANCIA
Este curso, dende o colexio elaboramos conxuntamente entre as diferentes aulas un cartel no que representamos os desexos de cada un para acadar unha infancia plena e feliz.
xoves, 22 de decembro de 2016
NADAL
MOITÍSIMAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN.
A ÁRBORE DE NADAL QUEDOU PRECIOSA.
O EQUIPO DE COMPLEMENTARIAS DESÉXAVOS BO NADAL.
![]() |
martes, 22 de novembro de 2016
25 DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Podemos definir a IGUALDADE como o principio que concede idénticos dereitos a todos os seres humanos con independencia da súa raza, sexo, relixión, condición social, ideoloxía ou circunstancias persoais.
A igualdade de oportunidades entre mulleres e homes é un principio básico e fundamental que recoñece a nosa Constitución.
PROPOSTA DE TRABALLO PARA O CURSO 2015/16
CONTO DE ROSA CARAMELO PARA INFANTIL E PRIMEIRO CICLO
CONTO PARA TRABALLAR NO SEGUNDO CICLO
CONTO PARA TRABALLAR NO TERCEIRO CICLO

MALALA É UNHA NENA QUE REIVINDICOU OS SEUS DEREITOS FRONTE ÓS TIROS DOS TALIBÁNS.
O VÍDEO ESTÁ EN INGLÉS E CON SUBTÍTULOS EN CASTELÁN
PRESENTACIÓN
![]() |
| PINCHA PARA VER A PRESENTACIÓN |
martes, 8 de novembro de 2016
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA " O MAGOSTO"
"O MAGOSTO"
Se buscamos a definición de Magosto no diccionario aparece como "Acción de asar as castañas, que en moitas ocasións se converte nun acontecemento festivo."
Co fin de festexar esta tradición galega o vindeiro día 15 de novembro, se o tempo o permite, os nenos/as do Ceip Chano Piñeiro, viaxarán hasta o Merendeiro de Chan da Lagoa (Baiona) para asar as súas castañas.
A finalidade desta saída:
Achegar ós nenos/as
as festas tradicionais máis populares da cultura galega,
concretamente ó Magosto.
Nas saídas os
nenos/as investigan, teñen contacto directo co medio que lles rodea,
observan, manipulan e descubren.
Posibilita traballar
valores como o respeto e o coidado do medio ambiente e a educación
vial.
Esta experiencia é
tamén lúdica e potencia nos nenos/as a fantasía e a súa
imaxinación.
Permite un primerio
contacto para moitos dos nenos/as de tres anos cos medios de
transporte.
A participación nunha
saída axuda ao proceso de socialización, posto que desenvolven
actitudes de cooperación, axudan a aceptación de normas de
convivencia e incita a xerar novos vínculos afectivos entre iguais e
cos adultos que os rodean (mestres/as)
OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:
- Identificar o magosto como festa tradicional galega.
- Recoñecer o vocabulario básico relacionado con esta festa.
- Situar cronolóxicamente a festa do magosto na estación do ano correspondente, tendo en conta as súas características.
- Identificar os alimentos que degustamos na festa do Magosto.
- Valorar a importancia de conservar e transmitir o sentido das nosas festas tradicionais.
MOI IMPORTANTE :
OS NENOS/AS DE TERCEIRO, CUARTO, QUINTO E SEXTO QUEDAN A XANTAR NO MONTE. ELES/AS VAN FACER UNHA ANDAINA QUE COMEZARÁ NO COLEXIO DE BELESAR E REMATA NO MERENDEIRO DE CHAN DA LAGOA. A DURACIÓN APROXIMADA É DE UNHA HORA.
A
- A MERENDA DEBEN TRAELA NUNHA BOLSA PEQUENA PECHADA CO SEU NOME.
- DEBEN TRAER CALZADO AXEITADO PARA ANDAR NO MONTE E ROUPA CÓMODA.
- TRAER UN PUÑADO DE CASTAÑAS PICADAS E ALGO DE LEÑA PARA FACER A FOGUEIRA, O PROPIO DÍA DO MAGOSTO.
MAPA DO PERCORRIDO DA ANDAINA
ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O MAGOSTO
PINCHA NOS ENLACES PARA ACCEDER ÁS ACTIVIDADES
UNIDADE DIDÁCTICA DO MAGOSTO ( CEIP IGREXA DE VALADARES)
UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE A CASTAÑA ( EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA IES MONTE CARRASCO)
ACTIVIDADE DE LECTURA CON PREGUNTAS SOBRE TRADICIÓN GALEGA DO MAGOSTO
LECTURA DA CASTAÑA (CEIP OS PONZOS, FERROL)
A CASTAÑA QUE REBENTOU COA RISA
CONTO E FICHAS FOTOCOPIABLES
PARA TRABALLAR COAS TABLETAS OU ORDENADOR. PARA QUINTO E SEXTO.
WEBQUEST " O MAGOSTO" CEIP O POMBAL
COMO SE FABRICA EL MARRÓN GLACÉ
CONTO DA CASTAÑEIRA
| PINCHA NA IMAXE |
RAP DO MAGOSTO
CANCIÓN CHEGOU O MAGOSTO DE JESÚS PAREJA




PROBA.
|
Indaga como se escribe a palabra " castaña " en inglés e en francés ( sen preguntarlle a ningún mestre / a ).
| INGLÉS: ________________________
FRANCÉS: ________________________
|
PROBA.
|
![]() |
Resolve este xeroglífico.
¿ Que había polo monte ?.
|
PROBA.
|
| Isto que verás na outra parte da páxina é o souto por onde andan Carapuchiña e o lobo. Fíxate ben no debuxo e resposta ás seguintes preguntas. 1 ). Sinala un camiño que poida percorrer o lobo para chegar á cesta de Carapuchiña (que ten castañas asadas que recenden por todo o bosque). 2 ). Busca os dous castiñeiros que non deron froitos este ano e píntaos de verde. 3 ). Localiza e rodea cun círculo a Carapuchiña (que se agochou nalgún lugar do bosque). | ![]() |
PROBA.
|
![]() |
¿ Cal destas castañas é zurda ?.
A número ________
|
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















