sábado, 14 de febreiro de 2015

MÉRCORES VAQUEIROS/AS OU INDIOS/AS

QUE BEN O PASARON XOGANDO NO PATIO O MÉRCORES, NON FIXERON FALTA BALÓNS. DISFRUTARON UN MONTÓN.

PINCHA NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN DE FOTOS.



O MARTES O MECO MANDOU IR DISFRAZADOS/AS DE COCIÑEIROS/AS

PINCHA NA IMAXE PARA VER  A PRESENTACIÓN DE FOTOS.

POUCO A POUCO IREMOS INTRODUCINDO MÁIS.


FOTOS DOS DISFRACES DE BEBÉS

 O LUNS O MECO MANDOU IR DISFRAZADOS DE BEBÉS.

AQUÍ DEIXO ALGUNHAS FOTOS.

PINCHA NA IMAXE PARA INICIAR A PRESENTACIÓN


XUÍZO O MECO CERBERO ( 19 DE FEBREIRO DE 2015)

PINCHA NA IMAXE PARA LER O TESTAMENTO AO MECO CERBERO FEITO POR

NENAS/OS DE QUINTO  DE PRIMARIA.


venres, 6 de febreiro de 2015

O MECO CERBERO

O REI DO ENTROIDO DON MECO CERBERO FIXO CHEGAR MEDIANTE UN COMUNICADO AO CHANO PIÑEIRO AS SEGUINTES ORDES QUE DEBEREDES CUMPRIR.

QUEDOU MOI CHULO.

UN APLAUSO MERECIDO PARA OS NENOS/AS DE SEXTO DE  PRIMARIA.

                         

SE QUERES DIVERTIDO SER,
   VARIOS DISFRACES DEBES FACER:

O LUNS O PRIMEIRO DÍA É,
       E MOI LEDO A ESCOLA VEN,
               NON ESQUEZAS VESTIRTE DE BEBÉ.

O MARTES MEUS COMPAÑEIROS/AS
        TRASTES, LISTOS/AS E REVULDEIROS/AS
                IMOS VIR DISFRAZADOS/AS DE COCIÑEIROS/AS.

O MÉRCORES VIAXAMOS Ó OESTE,
         DE INDIOS/AS OU VAQUEIROS/AS
                  MEUS ALUMNOS/AS FESTEXEIROS/AS.

O XOVES NON O VAS A CRER,
               DISFRACE LIBRE
                           PODES TRAER.


O meco é un personaxe que elaboran os nenos/as de sexto primaria, vai mandando ordes unha semana antes do Entroido para todo o alumnado do centro.

Non ten que ser un disfrace completo, son complementos, que poderedes elaborar na casa con materiais de refugallo. Poñer en xogo a vosa imaxinación. O importante é pasalo ben. Recordar que os disfraces máis bonitos son os elaborados por nos mesmos.

Á volta do Entroido, o xoves 19 de febreiro, todos deberedes vir vestidos de loito para queimar o meco e ler o seu testamento, elaborado por nenos/as de quinto curso de primaria.

PARTICIPACIÓN DO CHANO PIÑEIRO NO ENTROIDO DO CONCELLO DE GONDOMAR

O CEIP CHANO PIÑEIRO participará na  comparsa de escolares que organiza o Concello de Gondomar.   Será o día 13 de febreiro ás 11:00 da mañá.

Tamén vos deixamos a programación do Concello por si é do voso interese.

Agardámos que vos gusten os disfraces.




ACTIVIDADES REALIZADAS POR NENOS/AS DE TERCEIRO NA SEMANA DA PAZ

Os nenos/as de terceiro elaboraron un bonito mural  na semana da Paz.

Deixaron nel moitos mensaxes de paz para todo os seus compañeiros/as.

Quedoulles moi ben.





Na clase de relixión decoraron pombas mensaxeiras, de todas as cores, xa que non importa de que cor teñas a túa pel. Todos/as precisamos o mesmo respecto.