mércores, 30 de setembro de 2015

APRENDEMOS A RECICLAR CORRECTAMENTE



HOXE MANUEL ASISTÍU AO  CENTRO PARA ENSINARNOS COMO  RECICLAR CORRECTAMENTE.



APRENDEMOS MOITAS COUSAS:
  • PROBLEMAS QUE IMPLICA NON RECICLAR.
  • PROBLEMAS DOS RESIDUOS.
  • NON RECICLAR SUPÓN MALGASTAR.
  • TODO SE PODE RECICLAR.
  • PÓDESE FACER MEDIANTE: COMPOSTAXE, RECICLAXE OU XERAR ENERXÍA.
QUÉ PODEMOS FACER PARA MELLORAR?

  • REDUCIR O CONSUMO ( Non comprar 50 mazás se só necesitamos catro)
  • REUTILIZAR ( Utilizar panos de tea en vez de panos de papel)
  • RECICLAR ( Utilizar correctamente os colectores)

CADA COUSIÑA NO SEU LUGAR

TAMÉN APRENDEMOS ESTA CANCIÓN





ESTA ACTIVIDADE FOI OFERTADA POLO CONCELLO DE GONDOMAR.






CONSELLOS PARA RECICLAR








mércores, 10 de xuño de 2015

5 DE XUÑO FESTA DA AGUA 2015


O pasado venres  fixemos no centro a festa da auga. Os nenos/as pasárono moi ben, deixando voar a súa imaxinación.  

Mellorando a súa relación  cos seus compañeiros/as.
Elaborando  estratexias para mollar aos demais e non ser mollados.
Buscando o recipiente máis grande para levar a maior cantidade de auga posible.
Xogando ao pimball con pistolas de auga entre os xogos e castelos de infantil.

En definitiva ese día os nosos nenos/as ademais de xogar traballaron unha morea de cousas.

Deixo algunhas fotos da festa.

 






mércores, 13 de maio de 2015

FESTA DE FIN DE CURSO


FESTIVAL  DE FIN DE CURSO!!!!

O festival  de fin de curso do CEIP CHANO PIÑEIRO será o venres 19 de Xuño.


Podrán asistir os pais/nais en horario de 9:30 ata as 11:00. Se o tempo o permite.

Deberán  abandoar o centro unha vez finalizadas as actuación.


DÍA DO CINE 18 DE XUÑO

O vindeiro 18 de Xuño, todos os alumnos/as do Ceip Chano Piñeiro irán ao cine Imperial da Ramallosa.
A película que se vai proxectar  e "Home"



Trailer da película




CANCIÓN DEL FESTIVAL

OS PRESENTAMOS LA CANCIÓN PARA LA ACTUACIÓN DE SEGUNDO EN EL FESTIVAL DE FIN DE CURSO.





xoves, 7 de maio de 2015

FOTOS DA VISITA Ó MUSEO CIENTÍFICO










MUSEO CIENTÍFICO


                                               MUSEO CIENTÍFICO                                                MAIO 2015




O alumnado de 3º, 4º ,5º e 6º van a gozar, os días 7 e 8 de Maio, dun Museo Científico, instalado na biblioteca do centro. Este consta de 70 obxectos co lema “prohibido non tocar”

É un museo interactivo adicado a promover a curiosidade e o interese dos nenos/as pola ciencia e a natureza.
É moi interesante para o alumnado porque fomenta as ganas de aprender sobre gran variedade de disciplinas científicas.

Esta actividade foi ofertada polo Concello de Gondomar.

Para máis información, consultar o blogue de Actividades Complementarias.
http://actividadescomple.blogspot.com.

O Equipo de Actividades Complementarias




xoves, 30 de abril de 2015

FOTOS DO TEATRO DE SOMBRAS 30/04/2015


AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHAS DAS FOTOS DOS NOSOS PEQUENOS/AS  DE HOXE, NO TEATRO DE SOMBRAS.

DISFRUTARON MOITO.














TEATRO DE SOMBRAS INFANTIL

Hoxe os nenos/as de infantil disfrutaron dun teatro de sombras no colexio.
O conto representado foi Sopa Verde, da compañia de teatro Luada.

O Conto pretende animar a probar diferentes alimentos así coma dunha forma moi sinxela anima á cooperación entre todos, para conseguir un propósito, poñendo en valor a amizade, ademais é un conto animalista, é un conto acumulativo que presenta os números ata o sete.




O Equipo de Actividades Complementarias


luns, 20 de abril de 2015

DOBRAXE NA ESCOLA

O Concello de Gondomar ofertou  un obradoiro de dobraxe para nenos/as de cuarto e quinto de primaria que  aceptamos gustosamente.

Farase na mañá do martes 21 de abril, dentro do horario escolar. 

É un proxecto de Suso Pando e Manuel Pombal ( FMEC Producións)

"Dobraxe na Escola" é unha actividade lúdica educativa que ten como finalidade achegarlles aos nenos/as, dun xeito ameno e didáctico, o mundo do dobraxe.

Realizarase utilizando monicreques e un xogo dramático que mostra os pasos da elaboración dunha película, para finalmente  ensaiar entre todos un pequeno fragmento.