sábado, 23 de xaneiro de 2016

COREOGRAFÍAS PARA O ENTROIDO

 A MESTRA  DE MÚSICA ESTÁ A TRABALLAR  COS NENOS/AS AS COREOGRAFÍAS PARA O DÍA DO ENTROIDO.

PRACTICADE MOITO, TEN QUE SAÍR MOI BEN.

ÁNIMO RAPACES E RAPAZAS!!!!!!

PRIMEIRO




SEGUNDO





TERCEIRO





CUARTO



QUINTO



SEXTO




mércores, 20 de xaneiro de 2016

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ



30 DE XANEIRO DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ



ESTE ANO IMOS CELEBRAR O DÍA DA PAZ PARTINDO DO LEMA 
"TODOS/AS  XUNTOS POLA PAZ"















ATOPAREMOS MOITOS XEITOS DE TRABALLAR A PAZ UNHA DELAS É A TRAVÉS DA MÚSICA.

CANCIÓN DE BRINCA VAI "APERTAS QUE VOAN"





martes, 15 de decembro de 2015

AS MAIMIÑAS

Resultado de imagen de as maimiñas unha viaxe polo mundo
ACTUACIÓN NO CEIP CHANO PIÑEIRO O DÍA 18 DE DECEMBRO


Para viaxar podes coller barcos, avións ou incluso camelos. Ou se cadra, abonda con acompañar as MAIMIÑAS nesta volta e reviravolta musical arredor do mundo.

Sabes cantar? Sabes bailar?. Daquela estás listo para  "UNHA VIAXE POLO MUNDO"









FESTA DE NADAL






Estimadas familias:

O vindeiro venres 18 de Decembro imos celebrar no centro a festa de NADAL.

Con motivo desta celebración, os nenos/as de infantil e primaria poderán desfrutar dun espectáculo de música “Unha viaxe polo mundo” no cal os nenos/as poderán cantar e bailar.  É un proxecto do grupo de animación infantil AS MAIMIÑAS.

Debido ó elevado custo desta actuación solicitamos unha pequena contribución por parte das familias de 1€ por neno/a sendo o resto aportado polo centro.

Para a merenda, este ano traerán lambetadas de Nadal os nenos/as de 1º, 3º e 5º dos grupos A e a bebida os nenos/as de 1º,3º e 5º dos grupos B. A merenda será compartida co resto dos grupos do centro, na vindeira festa serán os outros grupos os encargados de aportar a merenda.

Tamén queremos agradecer a vosa contribución á árbore de Nadal con CDs. O resultado está na páxina web do centro.

O Ceip Chano Piñeiro deséxavos a todos/as   Bo Nadal !!

A ÁRBORE DE NADAL

O Ceip Chano Piñeiro  deséxavos       Bo Nadal!!!!!!




martes, 8 de decembro de 2015

FOTOS DA SAÍDA DE PRIMEIRO Ó TEATRO E MUSEO DO MAR


DENDE O DÍA 1 ATA O DÍA 11 DE DECEMBRO, ESTABLÉCENSE AS DATAS NO CALENDARIO ESCOLAR PARA TRABALLAR NA AULA O ESTATUTO DE AUTONOMÍA E A CONSTITUCIÓN.

DEIXO ALGUNHAS PROPOSTAS FEITAS POR COMPAÑEIROS/AS  E ALUMNOS/AS.

SE PRECISADES MÁIS IDEAS, PODEDES  ATOPAR O TRABALLO DOUTROS ANOS PINCHANDO EN ETIQUETAS " ESTATUTO E CONSTITUCIÓN".



OS ALUMNOS/AS DO CEIP CHANO PIÑEIRO DESEÑARON ESTA TAREFA PARA TRABALLAR O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA.PINCHA NA IMAXE
PRESENTACIÓN FEITA POLOS NENOS/AS EN GRUPOS  "COLLEITAS"


ACTIVIDADE LIM PARA TRABALLAR NA AULA




mércores, 2 de decembro de 2015

ADORNOS PARA A ÁRBORE DE NADAL

Estimadas familias.

Xa se achega o Nadal, e este ano para adornar o centro imos facer unha árbore reciclando Cds vellos que teñamos na casa. Cada alumno/a debe traer polo menos un Cd. Poden decoralo ou recortalo, como vedes na imaxe. Os Cds poden recortarse con tesoiras para nenos/as.

Deben entregarllo á titora antes do 10 de decembro.


Aquí vos deixo algúns exemplos de como decorar os Cds.







xoves, 19 de novembro de 2015

20 DE NOVEMBRO DÍA DOS DEREITOS DO NENO/A

DÍA DOS DEREITOS DO NENO/A


O 20 de novembro de 1959 aprobouse a Declaración dos Dereitos do Neno. E desde entón, en todo o mundo, celébrase nesta data o Día Universal dos Nenos e Nenas.

RECURSOS PARA TRABALLAR ESTA DATA.







PINCHA PARA ACCEDER ÓS RECURSOS


ILUSTRA OS DEIREITOS ( FICHAS FOTOCOPIABLES)