martes, 22 de novembro de 2016

25 DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Podemos definir a IGUALDADE como o principio que concede idénticos dereitos a todos os seres humanos con independencia da súa raza, sexo, relixión, condición social, ideoloxía ou circunstancias persoais.

A igualdade de oportunidades entre mulleres e homes é un principio básico e fundamental que recoñece a nosa Constitución.


PROPOSTA DE TRABALLO PARA O CURSO 2015/16



CONTO DE ROSA CARAMELO PARA INFANTIL E PRIMEIRO CICLO




CONTO PARA TRABALLAR NO SEGUNDO CICLO


CONTO PARA TRABALLAR NO TERCEIRO CICLO






MALALA É UNHA NENA QUE REIVINDICOU  OS SEUS DEREITOS FRONTE ÓS TIROS DOS TALIBÁNS.

O VÍDEO ESTÁ EN INGLÉS E CON SUBTÍTULOS  EN CASTELÁN




PRESENTACIÓN

 PINCHA PARA VER A PRESENTACIÓN
PINCHA PARA VER A PRESENTACIÓN


martes, 8 de novembro de 2016

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA " O MAGOSTO"


                          "O MAGOSTO"


Se buscamos a definición de Magosto no diccionario aparece como "Acción de asar as castañas, que en moitas ocasións se converte nun acontecemento festivo."

Co fin de  festexar esta  tradición galega o vindeiro día 15 de novembro, se o tempo o permite, os nenos/as do Ceip Chano Piñeiro, viaxarán hasta o Merendeiro de Chan da Lagoa (Baiona) para  asar as súas castañas.


A finalidade  desta saída:



Achegar ós nenos/as as festas tradicionais máis populares da cultura galega, concretamente ó Magosto.
Nas saídas os nenos/as investigan, teñen contacto directo co medio que lles rodea, observan, manipulan e descubren.
Posibilita traballar valores como o respeto e o coidado do medio ambiente e a educación vial.
Esta experiencia é tamén lúdica e potencia nos nenos/as a fantasía e a súa imaxinación.
Permite un primerio contacto para moitos dos nenos/as de tres anos cos medios de transporte.
A participación nunha saída axuda ao proceso de socialización, posto que desenvolven actitudes de cooperación, axudan a aceptación de normas de convivencia e incita a xerar novos vínculos afectivos entre iguais e cos adultos que os rodean (mestres/as)


OBXECTIVOS DIDÁCTICOS:
  • Identificar o magosto como festa tradicional galega.
  • Recoñecer o vocabulario básico relacionado con esta festa.
  • Situar cronolóxicamente a festa do magosto na estación do ano correspondente, tendo en conta as súas características.
  • Identificar os alimentos que degustamos na festa do Magosto.
  • Valorar a importancia de conservar e transmitir o sentido das nosas festas tradicionais.
 MOI IMPORTANTE :

OS NENOS/AS DE TERCEIRO, CUARTO, QUINTO E SEXTO QUEDAN A XANTAR NO MONTE. ELES/AS VAN FACER UNHA ANDAINA QUE COMEZARÁ NO  COLEXIO DE BELESAR  E REMATA  NO MERENDEIRO DE CHAN DA LAGOA. A DURACIÓN APROXIMADA É DE UNHA HORA.
A
  • A MERENDA DEBEN TRAELA NUNHA BOLSA PEQUENA PECHADA CO SEU NOME.
  • DEBEN TRAER CALZADO AXEITADO PARA ANDAR NO MONTE E ROUPA CÓMODA.

  • TRAER UN PUÑADO DE CASTAÑAS PICADAS E ALGO DE LEÑA PARA FACER A FOGUEIRA, O PROPIO DÍA DO MAGOSTO.

MAPA DO PERCORRIDO DA ANDAINA



ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O MAGOSTO


 PINCHA NOS ENLACES PARA ACCEDER ÁS ACTIVIDADES


Resultado de imagen para manualidades para el magosto


UNIDADE DIDÁCTICA DO MAGOSTO ( CEIP IGREXA DE VALADARES)

UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE A CASTAÑA ( EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA IES MONTE CARRASCO)

ACTIVIDADE DE LECTURA CON PREGUNTAS SOBRE TRADICIÓN GALEGA DO MAGOSTO

LECTURA DA CASTAÑA  (CEIP OS PONZOS, FERROL)

A CASTAÑA QUE REBENTOU COA RISA

CONTO E FICHAS FOTOCOPIABLES



PARA TRABALLAR COAS TABLETAS OU ORDENADOR. PARA QUINTO E SEXTO.

WEBQUEST  " O MAGOSTO"

WEBQUEST " O MAGOSTO" CEIP O POMBAL 


COMO SE FABRICA EL MARRÓN GLACÉ



CONTO  DA CASTAÑEIRA
Resultado de imagen de IMAGEN MAGOSTO
PINCHA NA IMAXE
MÚSICA DO MAGOSTO

RAP DO MAGOSTO


CANCIÓN CHEGOU O MAGOSTO DE JESÚS PAREJA





MANUALIDADES











PROBA.

Indaga como se escribe a palabra " castaña " en inglés e en francés ( sen preguntarlle a ningún mestre / a ).

INGLÉS: ________________________
FRANCÉS: ________________________



PROBA.

Xeroglífico
Resolve este xeroglífico.

¿ Que había polo monte ?.

PROBA.

Isto que verás na outra parte da páxina é o souto por onde andan Carapuchiña e o lobo. Fíxate ben no debuxo e resposta ás seguintes preguntas. 
1 ). Sinala un camiño que poida percorrer o lobo para chegar á cesta de Carapuchiña (que ten castañas asadas que recenden por todo o bosque).
2 ). Busca os dous castiñeiros que non deron froitos este ano e píntaos de verde.
3 ). Localiza e rodea cun círculo a Carapuchiña (que se agochou nalgún lugar do bosque).
Xogo das árbores

PROBA.

Adiviña
¿ Cal destas castañas é zurda ?.
A número ________


luns, 6 de xuño de 2016

VISITA Á MUIÑADA DO RÍO BAROSA

MAÑÁ OS NENOS/AS DE TERCEIRO E CUARTO VISITARÁN A MUIÑADA DO RÍO BAROSA NO CONCELLO DE BARRO





As fervenzas do río Barosa situadas no Parque Natural do río que leva o seu nome, localízanse na provincia de Pontevedra na estrada que vai cara a Caldas de Reis, e chégase a elas facilmente xa que apenas hai que andar, pois están moi preto desta estrada e ademais está sinalizado.

Este Parque Natural adoita estar moi concorrido os fins de semana, sexa inverno ou verán, xa que ademais está acondicionado como unha excelente zona recreativa, co aliciente para os senderistas de percorrer varias rutas de muíños, e un gran espectáculo coa caida libre da auga a un desnivel de 30 metros.

CONTA CON FONTE E MESAS PARA XANTAR

10694374_551887891611273_1857304253511405753_o




A SENDA DE APROXIMADAMENTE 2 KILÓMETROS .





domingo, 5 de xuño de 2016

Día do medio Ambiente

DÍA DO MEDIO AMBIENTE



O Día Mundial do Medio Ambiente foi establecido pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas.

     Celebramos este día porque é moi importante que todos, adultos e nenos, aprendamos a respetar e valorar a naturaleza.

     Por iso, é necesareo que se inculquen valores de coidado da nosa contorma dende as nosas aulas. O amor pola natureza permitirá apreciar o mundo natural e actuar en correspondencia con estes sentimentos, contribuindo o seu coidado e preservación.

    A saúde do mundo, depende de todos nós. A terra é o noso planeta, coidala é o noso deber.










VIDEO SOBRE EVITAR USAR AS BOLSAS PLÁSTICAS



CANCIÓN : REDUCIR, REUTILIZAR Y RECICLAR
ACTIVIDADES ESPECIAIS PARA O DÍA DO MEDIO AMBIENTE, MOI ADECUADAS PARA INFANTIL E PRIMEIRO CICLO.


     




venres, 6 de maio de 2016

martes, 3 de maio de 2016

UXIA LAMBONA A BANDA MOLONA