xoves, 30 de abril de 2015

FOTOS DO TEATRO DE SOMBRAS 30/04/2015


AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHAS DAS FOTOS DOS NOSOS PEQUENOS/AS  DE HOXE, NO TEATRO DE SOMBRAS.

DISFRUTARON MOITO.














TEATRO DE SOMBRAS INFANTIL

Hoxe os nenos/as de infantil disfrutaron dun teatro de sombras no colexio.
O conto representado foi Sopa Verde, da compañia de teatro Luada.

O Conto pretende animar a probar diferentes alimentos así coma dunha forma moi sinxela anima á cooperación entre todos, para conseguir un propósito, poñendo en valor a amizade, ademais é un conto animalista, é un conto acumulativo que presenta os números ata o sete.




O Equipo de Actividades Complementarias


luns, 20 de abril de 2015

DOBRAXE NA ESCOLA

O Concello de Gondomar ofertou  un obradoiro de dobraxe para nenos/as de cuarto e quinto de primaria que  aceptamos gustosamente.

Farase na mañá do martes 21 de abril, dentro do horario escolar. 

É un proxecto de Suso Pando e Manuel Pombal ( FMEC Producións)

"Dobraxe na Escola" é unha actividade lúdica educativa que ten como finalidade achegarlles aos nenos/as, dun xeito ameno e didáctico, o mundo do dobraxe.

Realizarase utilizando monicreques e un xogo dramático que mostra os pasos da elaboración dunha película, para finalmente  ensaiar entre todos un pequeno fragmento.


mércores, 8 de abril de 2015

Campaña educativa "Separemos ben, reciclaremos mellor"

Resultado de imagen de sogama4 de Xuño


Dende SOGAMA  ofrecen ao centro a posiblilidade de formar parte dunha iniciativa de formación  a cargo de educadores especializados na materia, unha serie de actividades formativas dirixidas ao alumnado, ao que se lle trasladará os coñecementos necesarios para que  estes aprendan a xestionar correctamente o lixo que producen a diario, capacitándoos mesmo para levar a cabo unha tarefa pedagóxica na súa contorna  familiar e social máis inmediata.

Esta Campaña de Concienciación e Educación Ambiental sobre Residuos  Domésticos está promovida pola Xunta de Galicia, Sogama, Ecoembes, Ecovidrio e os SIG de pilas, conta cunha xornada educativa pensada para o alumnado de ensino primario.

A xornada prantéxase para o día 4 de Xuño e cos grupos de terceiro, cuarto,quinto e sexto.

Desenvolvemento da sesión de  50 minutos:

- Charla teórica interactiva.
- Actividades prácticas: xogo de reciclaxe.
-Resolución de dúbidas e repaso de resultados.
-Entrega de material educativo e promocional aos participantes.


xoves, 19 de marzo de 2015

XOGA AO XADREZ

PODES EMPEZAR A PRACTICAR. XOGA AO XADREZ DE FORMA SINXELA, CON PISTAS PARA FACER OS TEUS MOVEMENTOS, XOGAS CONTRA O ORDENADOR.

mércores, 18 de marzo de 2015

VISITA DOS AVÓS/AS

TAMÉN NOS VISITARON OS AVÓS/AS DE HECTOR, ANTÓN,  MARCOS E BELÉN.


PINCHA NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

SAÍDA DE INFANTIL A APÍPOLIS

O MARTES 17 DE MARZO OS NENOS/AS DE INFANTIL VISITARON APÍPOLIS A CIDADE DAS ABELLAS.






MARCELLE SAÍDA DE SEGUNDO CICLO

PINCHA NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DA SAÍDA.

SAÍDA O GROVE ANO 2013

Excursión de 1º e 2º de primaria ao Grove 

  
Como traballamos moitísimo este trimestre, fomos de excursión á península do Grove. Visitamos a illa da Toxa e embarcamos nun catamáran con visión submariña.
Os nosos agradecementos a Cofradía de Pescadores e Marisqueiras do Grove e aos guías de Pescanatur, que tanto nos ensinaron. Moitas grazas!
De seguido tedes unhas fotos para que vexades a noxa viaxe cos nenos de 6 e 7 anos. 



PREME NA IMAXE PARA VER O VIDEO