mércores, 13 de maio de 2015

FESTA DE FIN DE CURSO


FESTIVAL  DE FIN DE CURSO!!!!

O festival  de fin de curso do CEIP CHANO PIÑEIRO será o venres 19 de Xuño.


Podrán asistir os pais/nais en horario de 9:30 ata as 11:00. Se o tempo o permite.

Deberán  abandoar o centro unha vez finalizadas as actuación.


DÍA DO CINE 18 DE XUÑO

O vindeiro 18 de Xuño, todos os alumnos/as do Ceip Chano Piñeiro irán ao cine Imperial da Ramallosa.
A película que se vai proxectar  e "Home"



Trailer da película




CANCIÓN DEL FESTIVAL

OS PRESENTAMOS LA CANCIÓN PARA LA ACTUACIÓN DE SEGUNDO EN EL FESTIVAL DE FIN DE CURSO.





xoves, 7 de maio de 2015

FOTOS DA VISITA Ó MUSEO CIENTÍFICO










MUSEO CIENTÍFICO


                                               MUSEO CIENTÍFICO                                                MAIO 2015




O alumnado de 3º, 4º ,5º e 6º van a gozar, os días 7 e 8 de Maio, dun Museo Científico, instalado na biblioteca do centro. Este consta de 70 obxectos co lema “prohibido non tocar”

É un museo interactivo adicado a promover a curiosidade e o interese dos nenos/as pola ciencia e a natureza.
É moi interesante para o alumnado porque fomenta as ganas de aprender sobre gran variedade de disciplinas científicas.

Esta actividade foi ofertada polo Concello de Gondomar.

Para máis información, consultar o blogue de Actividades Complementarias.
http://actividadescomple.blogspot.com.

O Equipo de Actividades Complementarias




xoves, 30 de abril de 2015

FOTOS DO TEATRO DE SOMBRAS 30/04/2015


AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHAS DAS FOTOS DOS NOSOS PEQUENOS/AS  DE HOXE, NO TEATRO DE SOMBRAS.

DISFRUTARON MOITO.














TEATRO DE SOMBRAS INFANTIL

Hoxe os nenos/as de infantil disfrutaron dun teatro de sombras no colexio.
O conto representado foi Sopa Verde, da compañia de teatro Luada.

O Conto pretende animar a probar diferentes alimentos así coma dunha forma moi sinxela anima á cooperación entre todos, para conseguir un propósito, poñendo en valor a amizade, ademais é un conto animalista, é un conto acumulativo que presenta os números ata o sete.




O Equipo de Actividades Complementarias


luns, 20 de abril de 2015

DOBRAXE NA ESCOLA

O Concello de Gondomar ofertou  un obradoiro de dobraxe para nenos/as de cuarto e quinto de primaria que  aceptamos gustosamente.

Farase na mañá do martes 21 de abril, dentro do horario escolar. 

É un proxecto de Suso Pando e Manuel Pombal ( FMEC Producións)

"Dobraxe na Escola" é unha actividade lúdica educativa que ten como finalidade achegarlles aos nenos/as, dun xeito ameno e didáctico, o mundo do dobraxe.

Realizarase utilizando monicreques e un xogo dramático que mostra os pasos da elaboración dunha película, para finalmente  ensaiar entre todos un pequeno fragmento.


mércores, 8 de abril de 2015

Campaña educativa "Separemos ben, reciclaremos mellor"

Resultado de imagen de sogama4 de Xuño


Dende SOGAMA  ofrecen ao centro a posiblilidade de formar parte dunha iniciativa de formación  a cargo de educadores especializados na materia, unha serie de actividades formativas dirixidas ao alumnado, ao que se lle trasladará os coñecementos necesarios para que  estes aprendan a xestionar correctamente o lixo que producen a diario, capacitándoos mesmo para levar a cabo unha tarefa pedagóxica na súa contorna  familiar e social máis inmediata.

Esta Campaña de Concienciación e Educación Ambiental sobre Residuos  Domésticos está promovida pola Xunta de Galicia, Sogama, Ecoembes, Ecovidrio e os SIG de pilas, conta cunha xornada educativa pensada para o alumnado de ensino primario.

A xornada prantéxase para o día 4 de Xuño e cos grupos de terceiro, cuarto,quinto e sexto.

Desenvolvemento da sesión de  50 minutos:

- Charla teórica interactiva.
- Actividades prácticas: xogo de reciclaxe.
-Resolución de dúbidas e repaso de resultados.
-Entrega de material educativo e promocional aos participantes.